Lucía Budiño Carril
Lucía Budiño Carril graduouse en Lingua e Literatura Inglesas pola Universidade de Santiago de Compostela (2023) e cursou o Mestrado en Estudos Comparativos de Literatura, Arte e Pensamento na Universitat Pompeu Fabra en Barcelona (2025). Durante o curso 2021/2022 realizou unha estadía Erasmus na Universidade de Viena (Austria) e, no 2023/2024, foi auxiliar de conversa nun instituto de educación secundaria en Birmingham (Reino Unido).
Na actualidade está desenvolvendo a súa tese de doutoramento baixo a supervisión das profesoras Manuela Palacios González e María Alonso Alonso. A súa investigación, titulada provisionalmente “Thinking with Water: Atlantic Imaginaries in Contemporary Galician and Irish Literatures”, examina os imaxinarios acuáticos nas literaturas galega e irlandesa contemporáneas, abordando a auga como entidade material e axente epistemolóxico que reconfigura as relacións entre corpos humanos e non humanos no marco das Blue Humanities, o posthumanismo e o hidrofeminismo.
As súas liñas de investigación inclúen a ecocrítica, os estudos irlandeses, os estudos culturais e o postcolonialismo, cun interese particular nas relacións entre literatura, medio ambiente e pensamento ecolóxico no contexto atlántico.
@ lucia.budino@rai.usc.es