Celia Bermúdez Besteiro

Celia Bermúdez
Celia Bermúdez Besteiro graduouse en Lingua e Literatura Inglesas pola Universidade de Santiago de Compostela (2024). Posteriormente obtivo o Mestrado en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensino de Idiomas na Universidade da Coruña (2025).

Na actualidade, Celia está a realizar a súa tese doutoral baixo a supervisión de María de los Ángeles Gómez González. A súa investigación, titulada provisionalmente “AI-Mediated Revision of L2 Academic Writing: A Discourse-Analytic Study of Textual Reconfiguration and Prompting Practices”, ten como obxecto de estudo a escritura académica en L2 en contextos de revisión mediada por intelixencia artificial xerativa. En concreto, o traballo analiza a reconfiguración discursiva dos textos do alumnado, así como as prácticas de prompting e de interacción asociadas a dita reconfiguración durante a revisión con ChatGPT. As súas principais liñas de investigación inclúen a análise do discurso, a escritura académica en L2 e as tecnoloxías dixitais.