Aixa Montero Ferreiro

Foto Aixa
Aixa Montero Ferreiro graduouse en Lingua e Literatura Inglesas (2024) pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén obtivo posteriormente o Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2025). Entre as súas principais liñas de investigación destacan a literatura poscolonial, os estudos diaspóricos e os estudos de migración. Actualmente está preparando a súa tese de doutoramento baixo a dirección da profesora Noemí Pereira Ares. Titulado provisionalmente “Reescribindo as Regras da Investigación: a Ficción Criminal e a Identidade Británico-Asiática”, este proxecto ten como obxectivo explorar como a ficción criminal británico-asiática expande os límites das narrativas criminais e detectivescas para dar cabida á nosa sociedade moderna, problematizando cuestións de etnicidade, cidadanía, pertenza e poder institucional na Gran Bretaña contemporánea.