Abel Lorenzo-Rodríguez

Abel_Lorenzo-Rodríguez (Abel de Lorenzo, Vigo 1995) é doutor con mención internacional pola Universidade de Santiago de Compostela (2023). Actualmente desenvolve a súa investigación como contratado posdoutoral Xunta de Galicia (2024) na Universidade de Santiago de Compostela (Instituto de Humanidades, Facultade de Historia) así como no Laboratoire de Médiévistique occidentale de Paris (Panthéon Sorbonne-Université Paris I, 2024-2025) onde é investigador invitado. O seu proxecto de investigación actual titúlase E-moción. Dinámicas de exilios e desprazamentos forzados (Galicia, Iberia e Europa, séculos VIII-XIII), desenvolvendo análises sociais e legais sobre desprazamentos forzados, exilios penais e a comparativa entre áreas na Europa occidental altomedieval. É membro ademais doutro proxecto de investigación ministerial (PadEX, PID2023-146374NA-I00) sobre patróns de intercambio económico no noroeste altomedieval. Os seus principais intereses de investigación son o comportamento violento colectivo, a violencia sexual, a aplicación de sancións e castigos corporais, a xestión dos conflitos e o estudo da aparición da pena de morte dende un punto de vista microhistórico, preferente no mundo altomedieval da Península Ibérica. Moitas das súas contribucións foron presentadas e debatidas en universidades como Oxford, Leeds, Stanford, Florencia, Madrid, Dublín ou Heidelberg, entre outras. No 2021 foi tamén academic visitor na Universidade de Oxford (Faculty of History, All Souls College). É autor de máis de 20 contribucións en capítulos e artigos de diferente alcance en España, Europa e Estados Unidos. Con anterioridade traballou tamén no Corpus Documentale Latinum Gallaeciae e no Consejo Superior de Investigaciones Científicas.