Samuel Egea Castañeda

Samuel Egea Castañeda graduouse en Estudos Ingleses pola Universidade de Estremadura en 2019 e posteriormente obtivo o Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións na Universidade de Santiago de Compostela, que completou cunha bolsa de Iniciación á Investigación para alumnos de Máster concedida pola USC e o Banco Santander. Actualmente está preparando a súa tese de doutoramento baixo a dirección das profesoras Margarita Estévez Saá e Noemí Pereira Ares. Con título provisional “Posthuman and Ecofeminist Figurations in Contemporary Fashion and their Antecedents”, o traballo explora concepcións alternativas na industria da moda que están a reformular a representación do corpo humano en relación co outro (animal, tecnolóxico) e que denuncian así actitudes antropocéntricas. As súas principais liñas de investigación inclúen os estudos sobre moda, o posthumanismo crítico, o ecofeminismo, e as interseccións entre devanditos campos coa literatura.

@: samuel.egea@rai.usc.es

 

PUBLICACIÓNS REPRESENTATIVAS:

Fashioning the Posthuman Subject: Human-Animal Entanglements in Alexander McQueen’s The Horn of Plenty”. Presentada na conferencia Northeast Popular & American Culture Association 2023. 13 de outubro de 2023.

“Posthumanism, Fashion and Literature”. Presentada en IDAES (Inter-university PhD Programme in Advanced English Studies) Graduate Day 2023. Universidade de Santiago de Compostela. 2023. 24 de maio de 2023.

“The Posthuman Turn in the Fashion Industry: On Human Animals & Cyborgs through Alexander McQueen’s Fashion Shows”. Presentada en 45º Congreso Internacional AEDEAN. Universidad de Extremadura. 18 de novembro de 2022.

“The Posthuman Turn in Alexander McQueen’s Fashion Shows”. Presentada en Posthuman Bodies and Embodied Posthumanisms Conference. University of Warwick, Reino Unido. 13 de outubro de 2022.