Olalla Rubines Chisca

Olalla Rubines Chisca cursou o Grao en Lingua e Literatura Inglesas na Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 2016 e 2020. No curso 2018-2019 participou no programa de intercambio Erasmus, desfrutando dunha estadía na Universidade de Cambridge. No ano 2021 finalizou o Máster en Estudos Ingleses Avanzados (IMAES) na Universidade de Santiago de Compostela, onde é agora doutoranda no programa IDAES. Traballa nunha tese titulada de xeito provisional Unraveling the Mysteries of the Cosmere: Understanding the World-Building Process in Brandon Sanderson’s The Stormlight Archive. As súas liñas de investigación de intrese son os estudos culturais e a ecocrítica.

@: olalla.rubines@rai.usc.es