María Victoria Fuentes Del Río

María Victoria Fuentes Del Río é graduada en Lingua e Literatura Inglesas (2020) pola Universidade de Santiago de Compostela, onde completou os seus estudos realizando o Mestrado Estudos ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2021). Actualmente está realizando a súa tese doutoral titulada temporalmente “Female Characters in H. G. Wells’ Social Novels” baixo a dirección do Prof. Dr. Jorge Sacido Romero. Nela analiza a identidade das personaxes femininas da novela social de H. G. Wells, poñendo énfase naquelas mulleres que se atopan dentro dunha relación sexo-afectiva, amorosa ou marital. Os seus intereses de investigación diríxense cara a obra de H. G. Wells, os estudos de xénero, a novela distópica e apocalíptica, a relación entre literatura e ideoloxía, e a historia e cultura das Illas Británicas

@: mariavictoria.fuentes@rai.usc.es