Cristina Mourón Figueroa

Cristina Mourón Figueroa comezou como profesora no Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1998. En 2002 defendeu a súa tese de doutoramento (distinción cum laude) e en 2008 pasou a converterse en Profesora Titular de Filoloxía Inglesa. Mourón Figueroa leva impartido unha ampla variedade de materias cunha progresiva especialización no campo da historia e da cultura das Illas Británicas. O seu perfil investigador relaciónase directamente co estudo da historia e a cultura da Inglaterra medieval tardía, analizando datos tanto de fontes históricas como literarias. Outras liñas de investigación de Mourón Figueroa inclúen: as mulleres inglesas medievais e o seu mundo, o teatro inglés medieval (destacando o York Corpus Christi Cycle), así como a figura histórica e mitolóxica do rei Ricardo III na cultura e literatura británicas. Mourón Figueroa ten participado de forma prolífica en conferencias internacionais especializadas, así como en redes e proxectos de investigación. Así mesmo, leva desenvolvido múltiples tarefas administrativas e de xestión relacionadas co seu departamento e coa organización de congresos internacionais. Mourón Figueroa foi a Directora do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá (USC) entre os anos 2012 e 2016 e actualmente é membro das organizacións científicas e culturais SELICUP (Sociedade Española de Estudos Literarios de Cultura Popular), The Richard III Society e SITM (Société Internationale pour l’étude du théâtre medieval).
PUBLICACIÓNS REPRESENTATIVAS:
“As dúbidas de Xosé sobre María. Tradución ao galego de Jospeh’s Trouble about Mary do York Cycle.” Anuario de estudos do Barbanza, 8 (2012): 153-166.
“Mujeres en profesiones médicas y su reputación en la Inglaterra medieval: el caso de Un mundo sin fin de Ken Follet.” La mujer en la ciencia: Historia de una desigualdad. Lincom Studies in Anthropology 15. Eds. Begoña Crespo García, Inés Lareo Martín e Isabel Moskowich-Spiegel Fandiño. Lincom: Europa, 2011.3-23.
“The York Cycle and Fisterra Resurrection Plays: A Comparative Study.” European Medieval Drama, 15 (2011): 153-186.
A Arca de Noé. Tradución ao galego de “Noah’s Ark” do Newcastle (non-cycle) Play e “The Fall of Angels” (do York Cycle) (en co-autoría con Begoña Crespo e Isabel Moskowich). Betanzos: Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, 2011.
“El Auto de Resurrección de Fisterra: análisis de una tradición dramática medieval.” Anuario Brigantino 32 (2009): 407-432.
“A Semantic Analysis of By-phrases in the York Cycle.” Studia Neop¸80.1 (2008): 1-14.
“Mel Gibson’s The Passion of the Christ and the York Cycle: A Comparative Study of Violence as Dramatic Device.” Mediaevalia 2 (2006): 117-133.