Sergio López Sande
Sergio López Sande graduouse en Lingua e Literatura Inglesas na Universidade de Santiago de Compostela (2017) e completou os estudos de mestrado en Construción e Representación de Identidades Culturais na Universidade de Barcelona (2018). Actualmente prepara a súa tese de doutoramento, que leva por título provisional Literatura máis alá do solipsismo: Autoconciencia, empatía e o outro na ficción breve de David Foster Wallace, baixo a supervisión das Dras. Laura Lojo Rodríguez e Cristina Alsina Rísquez. Dito traballo examina como o interese interseccional do autor nos eidos da filosofía e a literatura pode esclarecer o uso recorrente de certos temas e motivos na construción de personaxes. Préstase igualmente atención á maneira na que a ficción breve, coa súa recoñecida «unidade de impresión», supón para Wallace o contexto onde a autenticidade afectiva e os desbaratamentos do posmodernismo experimental resultan máis capaces de atravesar a fronteira epistemolóxica do texto literario.
Os seus intereses principais inclúen o posmodernismo americano, as teorías do relato breve e os estudos de xénero e sexualidade.
@: sergio.sande@usc.es
“Intimacy and Intersubjective Connection in the Postmodern Short Story: David Foster Wallace’s ‘Octet’ and ‘Good Old Neon’ Before the Boundaries of the Cognizable.” Presentada en Liminal Identities: Nature, Culture & Society, Universidade de Santiago de Compostela, 5 de octubre de 2020.
“The Funhouse Architect Divested: David Foster Wallace’s ‘The Planet Trillaphon as It Stands in Relation to the Bad Thing’ and the Aporia of the Autobiographical Short Story.” Presentada en 43rd AEDEAN Conference, Universitat d’Alacant, 13-15 de noviembre de 2019.
“The Anti-Empathic Aftermath of Linguistic Disillusionment in David Foster Wallace’s ‘The Depressed Person’.” Presentada en 43rd AEDEAN Conference, Universitat d’Alacant, 13-15 de noviembre de 2019.
“The Weaponised Face: Otherness and the Unethicality of Expression in David Foster Wallace’s Short Fiction.” Presentada en Borders, Intersections & Identity in the Contemporary Short Story in English, Universidade de Santiago de Compostela, 23-24 de mayo de 2019.
“A Gaze of One’s Own; Or, the Porosity of the Looking-Glass as Demonstrative of the Epistemological Autonomy of Character.” Presentada en International Conference “Mirror, Mirror: Perceptions, Deceptions, and Reflections in Time,” London Centre for Interdisciplinary Research, 9 de marzo de 2019.
“Mimesis Beheld: Toward a Theory of Fictionality After the Fall of the Great Mirror.” Presentada en 42nd AEDEAN Conference, Universidad de Córdoba, 7-9 de noviembre de 2018.