Sara Villamarín Freire 

Sara_foto1

Email: sara.villamarin@usc.es
OrcID: https://orcid.org/0000-0002-1287-0754
Scopus Author ID: 57223752048
Perfil en Google Scholar:
https://scholar.google.com/citations?user=hCCEGqoAAAAJ&hl=es

Sara Villamarín Freire é investigadora posdoutoral no Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da Universidade de Santiago de Compostela cun contrato financiado pola Xunta de Galicia. Sara recibiu o título de doutora en Estudos Ingleses Avanzados pola Universidade da Coruña (2022) coa tese Against the Dominant Fiction: Seeking Alternatives to Hegemonic Fatherhood in Contemporary U.S. Literature, galardoada co Premio Extraordinario de Doutoramento da UDC en 2023. Entre 2017 e 2021 foi beneficiaria dun contrato predoutoral financiado pola Xunta de Galicia. Tamén formou parte do equipo de traballo dos proxectos de investigación “Literature and Globalization: American Literature from a Transnational Perspective” (FFI2015-66767-P; 2016-2019) e “Literature and Globalization 2: Communities of Waste” (PID2019-106798GBI00; 2020-2023), estando contratada tamén con cargo a este último (2021-2022).
Actualmente Sara é investigadora visitante no Narrative Research Lab da Universidade de Aarhus (Dinamarca). Anteriormente realizou estadías de investigación no John F. Kennedy Center for North American Studies (Freie Universität Berlin, Alemania), a Universidade de Santiago de Compostela (ao abeiro do programa posdoutoral “Margarita Salas”) e SELMA – Center for the Study of Storytelling, Experientiality and Memory (Universidade de Turku, Finlandia). O seu traballo publicouse en revistas como REN, Miscelánea, IJES ou Complutense Journal of English Studies, alén dos volumes Transcending the Postmodern (eds. Susana Onega e Jean-Michel Ganteau, 2020) e The Routledge Companion to Masculinity in American Literature and Culture (ed. Lydia Cooper, 2021). Xunto con Elsa del Campo, coeditou o monográfico “Toxic Tales: Narratives of Waste in Postindustrial North America” publicado na Revista Canaria de Estudios Ingleses 86 (2023). En 2022 foille otorgada a distinción ‘Best Conference Paper’ na 8th ASYRAS Conference. En 2023 gañou o premio ‘Emory Elliott Award’ concedido pola International American Studies Association. As súas liñas de investigación abarcan a representación de figuras paternas en literatura estadounidense contemporánea, o xiro post-postmoderno nas literaturas anglófonas e o estudo da identidade (como) narrativa.