Sara Villamarín Freire
OrcID: https://orcid.org/0000-0002-1287-0754
Scopus Author ID: 57223752048
SELMA profile: https://sites.utu.fi/selma/introducing-new-selma-postdoctoral-scholar-sara-villamarin-freire/
Sara Villamarín Freire é investigadora posdoutoral cun contrato financiado pola Xunta de Galicia no Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da Universidade de Santiago de Compostela e IFUSS Virtual Fellow (University of Illinois-Urbana Champaign, USA). Desde outubro de 2024, tamén é investigadora visitante en SELMA – Center for the Study of Storytelling, Experientiality and Memory (Universidade de Turku, Finlandia). Recibiu o título de doutora en Estudos Ingleses Avanzados pola Universidade da Coruña (2022) coa tese Against the Dominant Fiction: Seeking Alternatives to Hegemonic Fatherhood in Contemporary U.S. Literature. Durante o periodo predoutoral, obtivo financiamento a través dun contrato da Xunta de Galicia (2017-2021) e realizou unha estadía de tres meses no John F. Kennedy Center for North American Studies (Freie Universität Berlin, Alemania). Tamén formou parte do equipo de traballo dos proxectos de investigación “Literature and Globalization: American Literature from a Transnational Perspective” (FFI2015-66767-P; 2016-2019) e “Literature and Globalization 2: Communities of Waste” (PID2019-106798GBI00; 2020-2023), estando contratada tamén con cargo a este último (2021-2022). Desde xaneiro de 2023 até xuño de 2024, levou a cabo unha estadía posdoutoral na Universidade de Santiago de Compostela ao abeiro do programa de axudas á recualificación do sistema universitario español, modalidade “Margarita Salas”.
Sara publicou a súa investigación en revistas como REN, 452º ou Complutense Journal of English Studies, alén dos volumes Transcending the Postmodern (eds. Susana Onega e Jean-Michel Ganteau, 2020) e The Routledge Companion to Masculinity in American Literature and Culture (ed. Lydia Cooper, 2021). Xunto con Elsa del Campo, coeditou o monográfico “Toxic Tales: Narratives of Waste in Postindustrial North America” publicado na Revista Canaria de Estudios Ingleses 86 (2023). En 2022 foille otorgada a distinción ‘Best Conference Paper’ na 8th ASYRAS Conference pola comunicación oral “The Trash of the Land: Narratives of the White Working Class in Post-Industrial America”. En 2023 gañou o premio ‘Emory Elliott Award’ concedido por IASA (International American Studies Association) pola comunicación oral “A Transmodern Travelogue? The Case of Teju Cole’s Every Day Is for the Thief”. As súas liñas de investigación abarcan a representación de figuras paternas en literatura estadounidense contemporánea, o xiro post-postmoderno nas literaturas anglófonas e o estudo da identidade (como) narrativa.