Katia Fernández Jorge

Katia Fernández Jorge graduouse en Lingua e Literatura Inglesas pola Universidade de Santiago de Compostela (2020), onte tamén completou o Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2021). Katia traballa actualmente na súa tese doutoral baixo a supervisión da Prof. Margarita Estévez Saa e da Prof. Susana Jiménez Placer. A súa tese analiza as representacións textuais do trauma na ficción de Toni Morrison. As súas principais liñas de investigación incluen, entre outras, a literatura e cultura afroamericana, os estudos de trauma, de xénero e os estudos culturais.