Susana Doval Suárez
Susana Mª Doval Suárez é Profesora Titular na Universidade de Santiago de Compostela (USC) onde imparte materias de morfoloxía e sintaxe, entre outras. Os seus intereses investigadores inclúen a aprendizaxe de segundas linguas e, en particular, a adquisición de competencias discursivas e ortográficas. Nesta liña, publicou múltiples contribucións como The Acquisiton of L2-English Spelling (2004). Doval Suárez tamén desenvolveu estudos de investigación no ámbito da lingüística contrastiva e da análise (contrastivo) do discurso, co-editando, entre outros, os volumes Contrastive Discourse Analysis: Functional and Corpus Perspectives (2013) e The Dynamics of Language Use: Functional and Contrastive Perspectives (2005).
PUBLICACIÓNS RELEVANTES:
“The Use of Extraposition in the Written Production of Spanish Advanced Learners of English” (en coautoría con Elsa Mª González Álvarez). The Linguistics Journal 10.1 (2016): 5-27.
Contrastive Discourse Analysis: Functional and Corpus Perspectives. Coeditado con Maite Taboada e Elsa Mª González Álvarez. Sheffield: Equinox, 2013.
“The Use of If-clefts in the Written Production of Spanish Advanced Learners of English” (en coautoría con Elsa Mª González Álvarez). Linguistics and the Human Sciences1-3 (2012): 151-172.
The Dynamics of Language Use: Functional and Contrastive Perspectives. Coeditado con Christopher S. Butler e María de los Ángeles Gómez González. Amsterdam and Philadelphia: John Benjamins, 2005.
The Acquisiton of L2-English Spelling. Muenchen: Lincom Europa, 2004.