María de los Ángeles Gómez González

María de los Ángeles Gómez González é Catedrática de Universidade en Lingua e Lingüística Inglesas na Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde imparte  e coordina as materias English Phonetics and Phonology, English Syntax and Semantics e Pragmatics and Discourse Analysis in English. María é a investigadora principal de SCIMITAR e liderou moitos dos proxectos de investigación outorgados a este grupo de investigación tanto a nivel rexional, nacional ou internacional. Entre os seus principais intereses de investigación destacan a lingüística funcional e aplicada, así como a pragmática e a análise do discurso. María publicou máis de cincuenta capítulos de libro, recensións e artigos en numerosas revistas académicas como Applied Linguistics, Discourse Studies, Language Sciences, e Word, entre outras. É autora de dous libros, The Theme-Topic Interface: Evidence from English (John Benjamins, 2001) e English Pronunciation for Speakers of Spanish (Mouton de Gruyter, 2016), e coeditou os seguintes volumes: A New Architecture for Functional Grammar (Mouton de Gruyter, 2004), Studies in Functional Discourse Grammar (Peter Lang, 2005), The Dynamics of Language Use: Functional and Contrastive Perspectives (Benjamins, 2005), Languages and Cultures in Contrast and Comparison e Current trends in Contrastive Linguistics: Functional and Cognitive Perspectives (Benjamins, 2008a, b), The Functional Perspective on Language and Discourse: Implications and Applications  e Theory and Practice in Functional-Cognitive Space (Benjamins, 2014a, b). Ademais das investigacións publicadas e a súa colaboración, en calidade de editora ou avaliadora, con varias editoriais (i.e. Benjamins, Routledge), sociedades (i.e. Societas Linguistica Europea, Aesla) e revistas (i.e. Annual Review of Cognitive Linguistics, Open Journal of Modern Linguistics, Functions of Language, Pragmatics), María tamén impartiu cursos e conferencias por invitación en diversos foros internacionais e universidades, incluíndo, entre outros exemplos, Vrije Universiteit Amsterdam, University of Nottingham, University of Zürich, University of York e University of Gothenburg.

@: mdelosangeles.gomez@usc.es

Web persoal: http://webspersoais.usc.es/persoais/mdelosangeles.gomez/

Ligazón: http://www.scimitar.es/

PUBLICACIÓNS RELEVANTES:

English Pronunciation for Speakers of Spanish. From Theory to Practice (EPSS) (en coautoría con María Teresa Sánchez Roura). Boston/Berlin/Beijing: Mouton de Gruyter, 2016.

English Pronunciation for Speakers of Spanish. From Theory to Practice (EPSS, DVD Toolkit) (en coautoría con María Teresa Sánchez Roura, Milagros Torrado Cespón, Andrew Rollings e María Dolores Gómez Penas). Boston/Berlin/Beijing: Mouton de Gruyter, 2016.

EPSS Multimedia Lab (en coautoría con María Teresa Sánchez Roura, Milagros Torrado Cespón, Andrew Rollings e María Dolores Gómez Penas). Universidad de Santiago de Compostela. Patente/Propiedad Intelectual: SC 054 16.

Cohesion.” The International Encyclopedia of Language and Social Interaction, editado por Karen Tracy, Cornelia Ilie e Todd Sandel. Boston: John Wiley & Sons, 2015.

The Functional Perspective on Language and Discourse: Implications and Applications (co-editado con F. Ruiz de Mendoza Ibáñez, F. González García e A. Downing). Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins, 2014.

Canonical Tag Questions in English, Spanish and Portuguese. A Discourse-Functional Study.” Languages in Contrast1 (2014): 93-126.

Theory and Practice in Functional-Cognitive Space. Studies in Functional and Structural Linguistics Series (co-editado con F. Ruiz de Mendoza Ibáñez e F. González García). Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins, 2014.

A Reappraisal of Lexical Cohesion in English Conversations.” Applied Linguistics2 (2012): 128-150.

Lexical Cohesion in Multiparty Conversations.” Language Sciences1 (2011): 167-179 

Languages and Cultures in Contrast and Comparison (co-editado con J. L. Mackenzie e E. M. González Álvarez). Amsterdam/Philadelphia: Benjamins, 2008.