Antía Román Sotelo

Antía Román Sotelo graduouse en Lingua e Literatura Inglesas pola Universidade de Santiago de Compostela (2018), onde obtivo tamén o Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019). Actualmente, está traballando na súa tese doutoral baixo a supervisión da profesora Laura Lojo Rodríguez e cun contrato predoutoral concedido polo Ministerio de Universidades. A súa tese, que leva por título provisional “Reverberations of Trauma: The Great War Revisited in Contemporary Irish Literature”, examina as causas históricas, políticas e sociais que contribuíron ao esquecemento da participación irlandesa na Gran Guerra, analizando o concepto de ‘trauma’ con relación á represión do suceso.Dita tese pretende dar visibilidade aos autores/as contemporáneos que decidiron abordar o conflicto como parte dun proceso de reconciliación co pasado, e analizar as estratexias discursivas das que se serve a literatura para expresar o que adoita permanecer oculto. As principais liñas de investigación de Román Sotelo inclúen os estudos de trauma, o poscolonialismo e a literatura irlandesa.

“From Colony to Uprising: Ireland’s Liminal State Through Mary O’Donnell’s Empire.” Presentada na conferencia Liminal Identities: Nature, Culture and Society, Universidade de Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2020.

“‘Playing at Being Empire’: Victims of Imperialist Ideology in Mary O’Donnell’s ‘Empire’.” Presentada na conferencia internacional Language and Violence: Literary Meditations in the Age of the Anthropocene, Universidade de Vigo, 16-17 de xaneiro de 2020.

“‘A Struggle with the Unfamiliar’: Irish Migration and Identity in Colm Tóibín’s Brooklyn.” Presentada en 43rd AEDEAN Conference, Universitat d’Alacant, 13-15 de novembro de 2019.

“Reverberations of Trauma Through Irish Literature of the Great War.” Presentada na conferencia internacional Ireland, the Revolution and the First World War: Continuities, Ruptures and Legacies (1913-1919), Centre Culturel Irlandais de Paris, 27 de xuño de 2019.