Elena Guerreira Labrador

Elena Guerreira Labrador ten un grao en Lingua e Literatura Inglesas (2017) e un mestrado en Estudos Avanzados Ingleses (2018), ámbolos dous outorgados pola Universidade de Santiago de Compostela. Guerreira Labrador tamén participou no programa ERASMUS, xa que estudou un curso académico na Universidade de Essex, Reino Unido (2015-2016). Elena Guerreira Labrador traballa actualmente na súa tese de doutoramento baixo a supervisión de Dra. Laura María Lojo Rodríguez e Dr. Mario Cal Varela. Titulada Identidade e xénero na narrativa breve de autoras británicas contemporáneas, a súa tese explora as interseccións entre xénero narrativo e xénero sexual, así como o concepto de liminalidade como descripción de identidades e situacións transitorias, fluídas ou intermedias en termos de xénero e etnia, na narrativa breve escrita pola autora escocesa contemporánea Jackie Kay. As intereses de investigación principais de Guerreira Labrador inclúen a literatura británica contemporánea, o postcolonialismo, a narrativa breve e os estudos de xénero. Guerreira Labrador tamén traballou no eido da sociolingüística, xa que participou nun proxecto desta área cunha bolsa de colaboración do Ministerio de Educación (2017) durante o último ano do seu grao universitario. No presente, Guerreira Labrador traballa no Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC cun contrato FPU de carácter estatal, que foi outorgado no ano 2018. Dende outubro de 2020, levará a cabo a súa estancia predoutoral de investigación no estranxeiro, na Universidade do Minho, Portugal, durante tres meses.

 

@: elena.guerreira.labrador@usc.es

Gender and Identity in the Short Fiction of Contemporary British Women Writers. Tea Seminars 2020-2021 (1st session) – CEHUM do ILCH, Universidade do Minho (17-11-2020).

Childhood Trauma and Self-Search in Jackie Kay’s “Big Milk”. Conference Liminal Identities: Nature, Culture and Society (05-10-2020).

“Effects of Slavery on Female Characters in Toni Morrison’s Beloved”, Seminar Reading the Gendered Body: Body Spaces and Borders in Cultural Productions. Universidade de Santiago de Compostela, 20-04-2018.

“Swearing among British teenagers: A gender corpus-based analysis”, Conference ICNICE 2018: Pushing English to the limit. Innovation, creativity and communicative negotiation in native and non-native contexts. Universidade de Santiago de Compostela, 14-06-2018.