Alex Ferrín Blanco
Alex Ferrín Blanco graduouse en Lingua e Literatura Inglesas pola Universidade de Santiago de Compostela en 2024 e posteriormente completou o Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións na mesma universidade en 2025, cunha bolsa de colaboración concedida polo Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEC). Actualmente está a desenvolver a súa tese de doutoramento, centrada no estudo das representacións da idade avanzada na literatura anglófona. O seu traballo explora os xeitos nos que o envellecemento e a memoria son construídos e reinterpretados no discurso literario contemporáneo. As súas principais liñas de investigación inclúen os estudos da idade, os estudos da memoria e a análise das súas representacións na literatura.