Claudia Miragaya Rico
Claudia Miragaya Rico graduouse en Lingua e Literatura Inglesas (2023) na Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén obtuvo o Máster en Estudos Ingleses Avanzados. No ano académico 2022/2023, concedéuselle unha bolsa de colaboración no Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC. Durante o curso 2024/2025, participou no programa de auxiliares de conversación, coordinado polo British Council e o Ministerio de Educación, desenvolvendo esta labor en Kingswood School, Bath. Actualmente, traballa na súa tese de doutoramento baixo a dirección da profesora Laura Mª Lojo Rodríguez. A súa tese, co título provisional provisional “The Horror of Having a Body: Gender and Girlhood in Contemporary Horror Films”, examina como a adolescencia feminine é representada e interpretada no cine de terror contemporáneo. As súas principais líneas de investigación son os estudos de xénero e os estudos culturais, así como a filmoloxía feminista. A súa investigación pretende interrogar os roles típicamente asignados ás mulleres e adolescentes, o poder afectivo do terror e o potencial subversivo do xénero.