Claudia Fernández Estrada

Claudia Fernández Estrada
Claudia Fernández Estrada graduouse en Lingua e Literatura Inglesas pola Universidade de Santiago de Compostela (2023), onde tamén completou o Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2024). Durante o curso 2023/24 obtivo unha Bolsa de Colaboración en Departamentos Universitarios, concedida polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, para colaborar co Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC.
Na actualidade, Fernández Estrada desenvolve a súa tese de doutoramento baixo a supervisión das profesoras Cristina Mourón Figueroa e Manuela Palacios González. A súa tese, titulada provisionalmente “Greening Camelot: Ecocritical Insights into Medieval French and English Arthurian Literature”, ten como obxectivo principal examinar, mediante a lectura ecocrítica dunha selección de textos artúricos medievais, como se constrúen as relacións entre os elementos humanos e máis-ca-humanos. A investigación explora, ademais, de que maneira as diferenzas lingüísticas e culturais poden influír nas diversas percepcións da natureza. Entre as súas principais liñas de investigación destacan os estudos artúricos, os estudos medievais e a ecocrítica.