Manuela Palacios González

Manuela Palacios González 

Manuela Palacios González é Profesora Titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Palacios González dirixiu catro proxectos de investigación financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación e centrados no estudo da literatura irlandesa e galega contemporánea, editando e coeditando varios libros en relación con esta liña de investigación: Pluriversos (2003), Palabras extremas (2008), Writing Bonds (2009), Creation, Publishing and Criticism (2010), To the Winds Our Sails (2010), Forked Tongues (2012) e Six Galician Poets (2016). Outras publicacións de Palacios González inclúen traducións de poesía e ficción europea e árabe (Los ritos de los sentidos, Vello ceo nórdico, Cara ao faro), monografías sobre a imaxinería pictórica en Virginia Woolf e en Richard III de Shakespeare, así como tamén artigos sobre ecocrítica.

 

Correo electrónico: manuela.palacios@usc.es

Web persoalhttps://usc-es.academia.edu/ManuelaPalaciosGonz%C3%A1lez 

Ligazóns: http://www.usc.es/poxeirga/index.php?id=per-manuela&setlang=en 

                      http://irgal.es/ 

 

Publicacións Recentes:

 

  • Los ritos de los sentidos. Poesía árabe. Antoloxía, tradución, introdución e apéndices por Jaouad Elouafi, Bahi Takkouche, Manuela Palacios e Arturo Casas. Ilustraciones caligráficas por Hachemi Mokrane. Madrid: Cantarabia, 2015. ISBN: 978-84-86514-63.