Jorge Sacido-Romero

Jorge Sacido-Romero

Jorge Sacido-Romero é Profesor Titular de Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela (USC). As súas investigacións céntranse principalmente nos discursos ideolóxicos presentes dentro do texto literario e as tensións que deles emanan. Nesta liña, Sacido Romero publicou sobre Joseph Conrad (Atlantis 2011), James Joyce (Papers on Joyce 2012) ou Slavoj Žižek (Grial 2007), entre outros, e co-editou os volumes National Identities and European Literatures (Peter Lang 2008) e Sound Effects: The Object Voice in Fiction (Brill / Rodopi 2015). Nos últimos anos, Sacido Romero orientou as súas investigacións cara ao estudo da narrativa breve en inglés, centrándose na obra da escritora escocesa Janice Galloway e dirixindo dous proxectos de investigación sobre este tema: Modernism, Postmodernism and the English Short Story financiado pola Xunta de Galicia (2008-2011) e Women’s Tales: The Short Fiction of Contemporary British Writers 1974-2013 financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade (2014-2016). Sacido Romero é tamén membro da European Network for Short Fiction Research (ENSFR) así como do comité editorial de revistas académicas como Journal of the Short Story in English.

 

Correo electrónico: jorge.sacido@usc.es

Web Persoal: https://usc-es.academia.edu/Jorgesacido

Ligazón: http://womenstales.eu/

Publicacións Recentes:

  • “Liminality in Janice Galloway’s Short Fiction”. Zeitschrift für und Amerikanistik: A Quarterly of Language, Literature and Culture. 66/4 (2018) (forthcoming).

  • “Ghostly Visitations in Contemporary Short Fiction by Women: Fay Weldon, Janice Galloway and Ali Smith”. Atlantis: A Journal of the Spanish Association for Anglo-American Studies.  38/2 (Dec 2016): 83-102. ISSN: 0210-6124.

  • The Boy’s Voice and Voices for the Boy in Joyce’s ‘The Sisters’”. Papers on Joyce17/18 (Dec 2012): 203-242. ISSN: 1135-0504.

  • Slavoj Žižek con e contra Judith Butler: a diferenza sexual a debate.” Grial 176 (2007): 34-43. ISSN: 0017-4181.