Regina M. Ponciano

Regina M. Ponciano

Regina M. Ponciano graduouse en Linguas e Literaturas Modernas (2014) e Lingua e Literatura Inglesa (2015) pola Universidade de Santiago de Compostela, na mesma onde obtivo o Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2016).  Tras obter o seu título de mestrado, Regina gañou por concurso un posto como lectora de castelán na National University of Ireland Galway (Irlanda) para o curso 2016-2017. Actualmente, Regina está levando a cabo a súa tese de doutoramento baixo a supervisión do Dr. Jorge Sacido e a Dra. Laura Lojo Rodríguez cun contrato predoutoral de tres anos, concedido pola Xunta de Galicia en xullo de 2017. A súa tese propón cuestionar como os relatos curtos do escritor anglo-irlandés Oscar Wilde constrúen un espazo narrativo e ético no cal se invita aos lectores a reavaliar os seus prexuízos sobre as masculinidades. Dentro deste marco, Regina levou a cabo unha primeira estadía de investigación no grupo interdisciplinario “Space, Place, and Identity” na NUI Galway. Máis recentemente, realizou unha segunda estadía na investigación na Universidade de Lancaster (Reino Unido) baixo a supervisión do Dr. Amit Thakkar e do Dr. Brian Baker.  Ademais, Regina recibiu unha axuda a investigación concedida por AEDEAN, a Asociación Española de estudos anglo-americanos, para consultar coleccións e arquivos de Conan Doyle na British Library (Londres, Reino Unido) e a biblioteca de Portsmouth (Portsmouth, Reino Unido). Os resultados deste proxecto foron presentados na II International Conference Discourse and Identity (xuño 2017) nunha comunicación oral que exploraba as dicotomías entre os discursos públicos e privados de Conan Doyle.  As súas principais liñas de investigación inclúen a literatura e cultura da época Vitoriana tardía, o relato curto, as masculinidades, os estudos espaciais, e a conexión entre a literatura e a ideoloxía. 

 

Correo electrónicoregina.ponciano@usc.es

Páxina web: https://usc-es.academia.edu/ReginaPonciano 

Twitter:  @regina_ponciano  

Publicacións recentes:

  •  “Review of Migrant Shores: Irish, Moroccan & Galician Poetry, edited by Manuela Palacios,” Estudios Irlandeses: Journal of Irish Studies 13.13 (2018), 185-188.

 

Comunicacións:

  • [Aceptada] “Loveable Monsters, Redeemable Men: The Lonely Voice of Oscar Wilde”. AEDEAN 42, 7-9 novembro 2018, Universidad de Córdoba (Spain).

  • “Visualizing Oscar Wilde, Then and Now”. MENAWA Study Day, 22 xuño 2018, Lancaster University (United Kingdom).

  • “Masculinities and the Modern Short Story: The Liminality in and of Oscar Wilde’s Short Prose Writings”. Department of European Languages and Cultures Postgraduate Colloquium, 30 abril 2018, Lancaster University (United Kingdom).

  • “The Boundaries of Affection: Oscar Wilde’s The Happy Prince and Other Tales (1888) and A House of Pomegranates (1891)”. Border Experiences: The English Short Story and Europe in the 21st Century, 9-10 febreiro 2018, Freiburg University (Germany).

  • “Space, Place, and National Identity in Sir Arthur Conan Doyle’s Early Non-Fiction”. Research Society for Victorian Periodicals Annual Conference, 27-29 xullo 2017, Freiburg University (Germany). 

  • “‘Yours Truly’?: Authorial and National Identity in Sir Arthur Conan Doyle’s Public and Private Discourses”.II International Conference ‘Discourse of Identity, 8-9 xuño 2017, Universidade de Santiago de Compostela. 

  • “Spaces, Paces, and Masculinities in Late Victorian Short Fiction.”IDAES Graduate Day, 20 maio 2017, Universidade da Coruña. 

  • “The Sign of the Wildean Four: Sherlock, Thaddeus Sholto, Mycroft, and Sebastian Moran. Sir Arthur Conan Doyle´s Exploration of Masculinity in Times of Crisis”. 40th AEDEAN Conference, 9-11 noviembro 2016, Universidad de Zaragoza. 

  • “Writing in his Own Shadow: Sir Arthur Conan Doyle’s ‘Tales of Mystery’ (1898-1899)”. 40th AEDEAN Conference, 9-11 noviembr0 2016, Universidad de Zaragoza. 

  • “Male Romance or Fiction of Loss? Analyzing Wildean Masculinities in Conan Doyle’s Sherlock Holmes”.IDAES Graduate Day, 19 maio 2017, Universidade de Santiago de Compostela. 

  • “Sherlock Holmes as a Barometer of Late Victorian England”. English Studies & Popular Culture, 16 febreiro 2016, Universidade de Santiago de Compostela.