Patricia Fra López

Patricia Fra López

Patricia Fra López é Profesora Titular de Universidade no Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá (Universidade de Santiago de Compostela), onde imparte materias da área de Literatura e Cultura Norteamericanas e tamén de Literatura en lingua inglesa e cine. As súas liñas de investigación son variadas, e todas relacionadas co ámbito da literatura e cultura norteamericana. Así, analizou a relación co cinema de recoñecidos autores como F. Scott Fitzgerald, Ernest Hemingway, John Steinbeck o Tennessee Williams e Edith Wharton, sobre os que ten publicados numerosos capítulos de libro, artigos, e libros como Cine y literatura en F. Scott Fitzgerald: del texto literario al guión cinematográfico (2002). Outro dos seus intereses de investigación é a literatura sureña escrita por mulleres e ten participado en varios proxectos de investigación, sobre autobiografía feminina do Sur (2014-actualidad), os movementos polos dereitos civís na ficción e o teatro norteamericano (2011-2013), ou sobre a muller, o espazo, o xénero e a raza na narrativa feminina do Sur dos EE.UU. Neste campo foi a investigadora principal do proxecto “Visións do Sur dos EE.UU. no cine e na literatura” (2004-2006). Nos últimos anos, ten centrado o seu interese en dous campos: a literatura de viaxes escrita por mulleres, que comezou co proxecto de investigación “Regreso a Compostela” e outros cadernos de viaxe: Edith Wharton e o Camiño de Santiago nos anos 20, do que foi IP en 2009-10, e tivo como resultado a publicación do seu libro Edith Wharton. Back to Compostela/ Regreso a Compostela. The Woman, the Writer, the Way (2011). Por outra banda, está a súa investigación sobre a violencia doméstica no teatro de Tennessee Williams e nas versións cinematográficas das súas obras. Patricia Fra López é membro da Edith Wharton Society, do Southern Studies Forum, ademais de SAAS (Spanish Association of American Studies) e EAAS. É así mesmo membro fundador do CEFILMUS (Centro de Estudos Fílmicos da Universidade de Santiago).

Correo electrónico: patricia.fra@usc.es

Publicacións Recentes:

 

  • El último viaje a España con W[alter], 1925” e “Regreso a Compostela” (trad.). Del viaje como arte. Travesías por España, Francia, Italia y el Mediterráneo, Teresa Gómez Reud, ed. Del viaje como arte. Travesías por España, Francia, Italia y el Mediterráneo. Madrid: La línea del horizonte. 2016, pp. 238-262.

  • Las escritoras en el Camino: el peregrinaje de Edith Wharton a Santiago de Compostela 1925-1930“. Miradas cruzadas. Escritoras, artistas e imaginarios (España-EE.UU. 1830-1930), Fernanda Bustamante e Beatriz Ferrús (coords.). Valencia: PUV-Universidad de Valencia. 2015, pp.139-165.

  • De la letra a la imagen. O de cómo volver a hablar sobre literatura, cine, adaptación y no morir en el intento…Diálogos Intertextuales 6: The Lion King/ El Rey León, Ana Pereira Rodríguez e Lourdes Lorenzo García, eds. Frankfurt am Main: Peter Lang. 2014, pp. 23-45.

  • ¡La crueldad intencionada es imperdonable! Violencia doméstica en varias obras de Tennessee Williams y sus versiones cinematográficas“. Rompiendo un mar de silencio: reflexiones interdisciplinares sobre la violencia contra las mujeres, Eulalia Piñero Gil e Julia Salmerón Cabañas, eds. Madrid: UAM Ediciones. 2013. pp. 136-148.

  • Edith Wharton: Back to Compostela/Regreso a Compostela: The Woman, the Writer, the Way. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago. 2011.

  • ‘Introdución‘. Edith Wharton, A idade da Inocencia, introd. Patrica Fra López, trad. Mª Fe González Fernández. 2009, pp. 9-69.

  • ¿Puede el arte cambiar la sociedad? Cradle Will Rock o un ejemplo de censura política en el teatro y su reflejo en el cine norteamericano“. Lecturas: Imágenes 6. Revista de la Poética de la imagen. Cine y teatro, Carmen Becerra, ed. Vigo: Editorial Academia del Hispanismo. 2009, pp. 6-83.

  • El conflicto entre la ilusión y la realidad: Blanche DuBois o el espectro de la bella sureña en la obra dramática de Tennessee Williams y su correspondiente versión cinematográfica.” El teatro del género, el género del teatro: Las artes escénicas y la representación de la identidad sexual, Alfonso Ceballos, Ramón Espejo e Bernardo Muñoz, eds. Madrid: Fundamentos. 2009, pp. 189-210.