FOCO 2: Lingüística 

Membros Principais USC: María de los Ángeles Gómez-González, Antonio Álvarez Rodríguez, Luis Iglesias Rábade, Teresa Sánchez Roura, María del Mar Viña Rouco. 

Liñas de Investigación: Lingüística aplicada e contrastiva (perspectivas sincrónicas e diacrónicas): Lingüística de Corpus/Cuantitativa; Ensino e Aprendizaxe/Adquisición do inglés como lingua estranxeira/adicional; Modelos de Descripción Gramatical; Construccións e Marcadores Discursivos; Cohesión e Coherencia; Comunicación Multimodal/Dixital;  entre outras. 

Páxina web: http://www.scimitar.es/

Este foco de investigación está integrado, principalmente, polo equipo SCIMITAR, coordinado por María de los Ángeles Gómez-González. SCIMITAR constitúe un foro de cooperación internacional entre investigadores orientado ao estudo da interface entre a gramática e o discurso, fundamentalmente en inglés, pero tamén en (contraste con) outras linguas como o español, galego, portugués, francés, holandés ou alemán. Ademais dos membros pertencentes ao grupo de investigación D&I, o equipo SCIMITAR tamén conta coa valiosa colaboración de investigadores do resto de España, así como de Canadá, Reino Unido, Holanda e Portugal. Desde a súa fundación no ano 2002, SCIMITAR consigna máis de 250 publicacións (34 libros; 200 artigos e capítulos de libro; 20 recensións) en editoriais de recoñecido prestixio internacional (John Benjamins, Peter Lang, Routledge), así como nas revistas de maior impacto dentro do ámbito da lingüística (inglesa) (Applied Linguistics, Discourse Studies, Language Sciences, Pragmatics, Word). Así mesmo, SCIMITAR organizou máis de 13 encontros internacionais, incluíndo tres edicións do International Contrastive Linguistics Conference (ICLC), celebradas en Santiago de Compostela en 2001, 2003 e 2005. Pola súa competitividade, os membros do equipo SCIMITAR acadaron de forma continuada un total de 19 proxectos de investigación en concorrencia competitiva financiados polo Ministerio de Educación e Competitividade, a Xunta de Galicia, a Unión Europea (FEDER), así como por distintas institucións internacionais como a Research Foundation-Flanders (FWO, Bélxica) ou o Natural Sciences and Engineering Research Council (Canadá).