FOCO 1: Literaturas dos países anglófonos 

Membros Principais USCMargarita Estévez-SaáPatricia Fra López, Constante González Groba, Susana María Jiménez Placer, Laura Lojo Rodríguez, Manuela Palacios González, Noemí Pereira AresJorge Sacido Romero, Jesús Varela Zapata

Liñas de Investigación:

  • Relacións culturais, lingüísticas e literarias entre Galicia e Irlanda.

  • Estudos de xénero, relato curto e narrativa británica contemporánea.

  • Estudos da literatura norteamericana e postcolonial.

Liña de investigación 1: Relacións culturais, lingüísticas e literarias entre Galicia e Irlanda

Reúne especialistas en poesía e narrativa irlandesa contemporánea que desenvolven estudos comparativos entre as realidades culturais e literarias de Galicia e Irlanda, así como aproximacións as devanditas tradicións literarias desde unha perspectiva de xénero. Os membros do grupo que traballan nesta liña de investigación publicaron de forma prolífica sobre estas cuestións, incluíndo artigos en revistas académicas de alto impacto, así como capítulos de libro, monografías e volumes en editoriais internacionais.

Algunhas das publicacións máis representativas desta liña de investigación son Migrant Shores. Irish, Moroccan & Galician Poetry (Salmon Poetry, 2017), editado por Manuela Palacios,  Forked Tongues. Galician, Basque and Catalan Women’s Poetry in Translations by Irish Writers (Shearsman Books, 2012), editado por Palacios González Creation, Publishing, and Criticism: The Advance of Women’s Writing (Peter Lang, 2010) coeditado por Manuela Palacios, Laura Lojo e Mª Xesús Nogueira; Writing Bonds: Irish and Galician Contemporary Women Poets (Peter Lang, 2009), editado por Manuela Palacios e Laura Lojo; The Scallops of Saint James, an Old Pilgrim’s Hoard”: Reading Joyce from the Peripheries (Netbiblio, 2006), coeditado polos membros do equipo Susana Domínguez Pena e Margarita Estévez-Saá; o A Pilgrimage from Belfast to Santiago de Compostela: The Anatomy of Bernard MacLaverty’s Triumph over Frontiers (2002), escrito por Margarita Estévez-Saá e Anne MacCarthy, son só algúns exemplos representativos.

Nesta liña de estudo, os membros do grupo tamén organizaron múltiples eventos científicos relacionados, como é o caso do Congreso Internacional AEDEI-2018: ‘Eco-Ficcións e Estudos Irlandeses’ (2018), o Seminario Internacional ‘Eco-Fictions’ (2016), o Seminario Internacional  ‘Creation, Editing and Criticism: Irish and Galician Poets’ (2009) ou o curso Estudos de Xénero: Literatura en Feminino/Masculino (2006).

Desde 2009, os membros do equipo que traballan nesta liña de investigación conseguiron, en concorrencia competitiva, 6 proxectos de investigación, sendo o máis recente O Tropo Animal: Unha Análise Ecofeminista da Cultura Contemporánea de Galicia e Irlanda (PGC2018-093545-B- I00), liderado por Manuela Palacios González. Este proxecto pretende explorar e afondar nas interseccións entre literatura, estudos de xénero e ecocrítica, tanto no contexto galego como no irlandés.

A través desta liña de investigación, o grupo D&I colabora con entidades literarias e culturais como o Instituto Cervantes (Dublín), The Arts Council (Irlanda), CIPPCE (Centro de Investigación sobre Prácticas e Procesos Culturais Emerxentes), Ireland Literature Exchange, así como con editoriais galegas e irlandesas e universidades estranxeiras como University College Cork (UCC) ou University College Dublin (UCD).

Páxina web: http://irgal.es/

Liña de investigación 2: Estudos de xénero, relato curto e narrativa británica contemporánea

Esta liña de investigación desenvolve o seu labor investigador ao redor da literatura escrita por mulleres no Reino Unido. Nos últimos anos, esta liña de investigación acadou financiamento a través de dous proxectos nacionais, centrados en analizar como diferentes escritoras británicas empregaron e continúan empregando o xénero literario do relato curto para desafiar a autoridade patriarcal e redefinir a posición da muller na sociedade“Contos de mulleres”: A narrativa breve de escritoras británicas (FEM2013-41977-P) e, máis recentemente, Interseccións: Xénero e Identidade na Narrativa Breve de Autoras Británicas Contemporáneas (FEM2017-83084-P).  Como resultado desta liña de investigación, publicáronse diversas contribucións, entre elas Gender and Short Fiction: Women’s Tales in Contemporary Britain  (Routledge, 2018), editado por Jorge Sacido Romero e Laura Lojo Rodríguez;  “The Voice in Twentieth-Century English Short Fiction: E.M. Forster, V.S. Pritchett and Muriel Spark” (Sacido Romero, 2015); “La poética del cuento en la primera mitad del siglo XX en Reino Unido: Virginia Woolf y Elizabeth Bowen” (Lojo Rodríguez, 2015); Moving across a Century: Women’s Short Fiction from Virginia Woolf to Ali Smith (Peter Lang 2012), editado por Laura Lojo  Rodríguez; ModernismPostmodernism, and the Short Story in English (Rodopi / Brill 2012), editado por Jorge Sacido Romero. 

Así mesmo, os resultados desta investigación tamén foron difundidos en foros científicos nacionais e estranxeiros, así como nos seminarios internacionais Borders, Intersections and Identity in the Contemporary Short Story in English (2019); Women’s Tales in Motion: Contemporary Literature in the British Isles (2015); Gender and  Short Fiction: Women’s Tales in Contemporary Britain (2016); e Borders, Intersections and Identity in the Contemporary Short Story in English (2019), celebrados en Santiago de Compostela e organizados polos membros do grupo D&I en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero da USC.

 

Liña de investigación 3: Estudos da literatura norteamericana e postcolonial

Abrangue diversas sub-liñas de investigación relacionadas coa literatura dos EE. UU. e a literatura postcolonial. No que respecta ao estudo da literatura dos EE. UU. destacan a literatura do sur e as complexas interaccións entre xénero, raza e clase social na devandita rexión. Entre as recentes publicacións neste eido, destacamos: Unsteadily Marching On: The U. S. South in Motion (2013), e Hijas del Viejo Sur: La mujer en la literatura femenina del sur de los Estados Unidos (2012), ambos editados por Constante González Groba. Os membros do grupo que traballan nesta liña de investigacion conseguiron diversos proxectos de investigación competitivos: “Muller, espazo, xénero e raza na narrativa feminina do Sur dos EE UU (desde 1890)” (MEC 2007-2010); “O movemento polos dereitos civís na ficción e o teatro dos Estados Unidos” (MICIN 2011-2013); “A autobiografía feminina do Sur dos Estados Unidos: ‘Genre’, ‘Gender’, ‘Race’, ‘Region’” (MINECO 2014-2017). Así mesmo, tamén participaron noutros proxectos como “Via Lactea”, “Education, Audiovisual and Culture Executive Agency” da Unión Europea (2014-2017) e forman parte do Consello de Redacción de revistas como Atlantis: Revista de la Asociación Española de Estudios Anglo-NorteamericanosThe Grove: Working Papers on English Studies e Moravian Journal of Literature and Film. Entre os eventos organizados no marco desta liña de investigación, destacamos: XII International Conference of the Southern Studies Forum: “Southern Destinations / The South in Motion” (15-17 de setembro de 2011); Symposium on Southern Autobiography: “Writing the Self, Writing the South” (1-3 de xuño de 2016).