Sergio José Rodríguez González 

Sergio José Rodríguez González Sergio José Rodríguez González licenciouse en Lingua e Literatura Inglesas pola Universidade de Santiago de Compostela (2017). Posteriormente, realizou o Máster Universitario en Formación do Profesorado na Universidade Internacional de Valencia (2018). Actualmente, atópase inmerso na elaboración da súa tese de doutoramento no Programa de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela. As súas principais áreas de interese académico inclúen a cultura e a literatura dos países de fala inglesa, así como as relacións entre o cine e a literatura.

No que respecta á súa traxectoria docente, exerce como profesor de Educación Secundaria e Bacharelato no Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña), institución educativa na que tamén ocupa o cargo de Coordinador do Departamento de Estudos Ingleses. Así mesmo, colabora coa docencia na Universidade Isabel I no Máster en Formación do Profesorado.


Linkedin:www.linkedin.com/in/sjrodriguezgonzalez

ORCID ID: 0000-0002-6434-5310

E-mail: sjrodriguez@fomento.edu – sergiojose.rodriguez@ui1.es