Naara Queiruga Domínguez

Naara Queiruga Domínguez graduouse en Lingua e Literatura Inglesas no 2014 pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén realizou un Máster en Estudos Ingleses Avanzados no 2015. Tamén completou un Máster en Literatura española na Universidade de Kansas en EEUU (2017). Ademais, participou no programa Erasmus no 2012, estudando na Universidade de Manchester no Reino Unido. Queiruga Domínguez ensinou español na Universidade de Kansas do 2015-2017, e foi lectora de inglés na Universidade de Santiago de Compostela do 2017-2020. Actualmente está traballando na súa tese doutoral baixo a supervisión da Doutora Susana Doval e a Doutora Ela González. A súa tese, titulada A efectividade da educación plurilingüe en Galicia: O caso do inglés, analiza o uso dos tres idiomas que coexisten nos centros educativos galegos (Galego, Español e Inglés), para determinar se o decreto sobre o plurilingüismo do 2010, así como o uso de AICLE dentro das aulas, potenciou o uso do inglés dentro desta comunidade autónoma e se levou a un empobrecemento lingüístico e cultural.

@: naara.queiruga.dominguez@usc.es