Tania Figueiras Campos

Tania Figueiras Campos

Tania Figueiras Campos graduouse en Lingua e Literatura Inglesas (2015) pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén obtivo o Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2016). Actualmente está a traballar na súa tese de doutoramento baixo a dirección da Dra. Patricia Fra-López. Provisionalmente titulada The American Dream ‘Upside Down’: Decoding Sociocultural Anxieties through ‘Stranger Things’ and the American Horror Science Fiction Literary and Audiovisual Tradition, a súa investigación pretende amosar como a serie estadounidense Stranger Things (Duffer Brothers, 2016), que é unha das representacións máis actuais de toda a tradición literaria e audiovisual de horror e ciencia ficción dos Estados Unidos, leva a cabo unha tarefa intrínseca ao seu propio xénero artístico: decodificar a historia, cultura e sociedade norteamericanas nos seus complexos, soños e angustias máis relevantes. As súas principais liñas de investigación inclúen a literatura comparada, teorías de cultura popular e de masas, teorías de adaptación cinematográfica, historia norteamericana, estudos culturais, estudos posmodernos e estudos feministas e de xénero.

 

Correo electrónico: tania.figueiras@rai.usc.es

Contribucións Recentes:

  • ‘The Grapes of Wrath: from Novel to Film.’ Relatorio presentado no Ciclo de Conferencias English Studies and Popular Culture, na Universidade de Santiago de Compostela, do 2 de febreiro ao 8 de marzo, 2016.