Pablo Seoane

Aitana Acuña

Pablo Seoane (Ferrol 1968) Doutor en filosofía pola USC, compositor, pianista e na actualidade investigador posdoutoral do iHUS. Foi profesor na facultade de filosofía da USC no curso 2025-26. Leva arredor de tres décadas realizando unha actividade regular en ámbitos próximos á improvisación, o jazz, a música contemporánea e as artes escénicas. Escribiu ademais sobre estética, metafísica e filosofía da música, entre outros asuntos. E desenvolveu os seus labores musicais e filosóficos dentro e fóra do estado español (Brasil, Arxentina, Italia, Francia, Portugal ou Reino Unido). Traduciu tamén obras poéticas e literarias, ao galego ou ao castelán, de autores como H. D. Thoreau, Samuel Beckett, Harold Pinter ou Guillaume Apollinaire. E en 2020 publicou o libro Regla y tiempo real. Improvisación, interpretación y ontología de la obra musical. Algunhas das súas últimas obras no ámbito da música ou a arte sonora son Parábase (2017, peza composta para os dous órganos barrocos da Basílica de San Salvador de Lourenzá, Lugo); Phármakon (2021, obra músico-escénica para viola, óboe, corno inglés e dous actores; Exercicios de Cartografía inversa (2024, obra multidisciplinar); ou Karaoke de Interior (2024, obra performativa e musical, correlato dunha investigación filosófica sobre o sentimentalismo).