Aitana Acuña Rodríguez
Aitana Acuña Rodríguez é investigadora no Programa de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde tamén cursou o Máster en Estudos Ingleses Avanzados (IMAES). É graduada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e graduada en Educación Primaria coa mención en Inglés pola Universidad Camilo José Cela. A maiores consta do Master en Formación para o Profesorado pola Universidade a Distancia de Madrid (Udima).
Compaxina a súa actividade investigadora coa docencia como profesora de inglés no ensino público dependente da Xunta de Galicia. No eido da didáctica e da innovación docente, traballa no desenvolvemento de materiais e propostas de gamificación para a Formación Profesional en inglés. Na actualidade, a súa investigación doutoral céntrase no desenvolvemento teórico da bioficción e nas reescrituras literarias na narrativa contemporánea en lingua inglesa.
Liñas de investigación principais:
Literatura contemporánea en lingua inglesa e estudos culturais
Teoría e narrativa bioficcional (reescrituras e figuracións literarias)
Gamificación e deseño de materiais para a Formación Profesional en inglés (ESP)