Delmiro Rocha Álvarez

Delmiro_Rocha

Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Filosofía pola UNED, con mención Europea, onde obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento 2010-2011 outorgado pola Facultade de Filosofía (UNED-Madrid); en cotutela, Ph.D pola Université Charles-de-Gaulle, Lille3 (Francia), Spécialité : Langue et littérature anglaises et anglo-saxonnes, con Label Européen, onde recibiu o premio económico de axuda á publicación da tese de doutoramento outorgado pola École Doctorale Sciences de l´Homme et de la Société. Con contrato posdoutoral traballou na Universidad Nacional Autónoma de México (Colegio de Filosofía, ciudad de México), na Universidade de Vigo (Departamento de Socioloxía, Ciencias Políticas e da Administración e Filosofía) e realizou estadías de investigación na École Normale Supérieure (París, Francia) e na Emory University (Comparative Literature Departement, Atlanta, USA). Tamén foi Profesor Axudante Doutor na UVIGO e na USC. Na actualidade é Profesor Permanente Laboral no Departamento de Filosofía e Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación parte do pensamento da deconstrución do filósofo franco-alxeriano Jacques Derrida.

Participou nos proxectos de investigación “Textos de Jacques Derrida: análisis crítico y edición en castellano” (2007-2010); “Estudio sistemático de las lecturas heideggerianas de Jacques Derrida. Confluencias y divergencias” (2016-2019); “Pensamiento Contemporáneo Posfundacional-II: Análisis teórico-crítico de la ontología de la institución y sus fundamentos contingentes” (2024-2027) e no proxecto internacional Euniwell “Literature and social change: building a Reading laboratory to combat transphobia and xenophobia” (2024-2025).

Como tradutor de Jacques Derrida ao español publicou Seminario La bestia y el soberano. Volumen I (2001-2002) [Trad. Cristina de Peretti y Delmiro Rocha, Buenos Aires, Manantial, 2010]; Seminario La bestia y el soberano. Volumen II (2002-2003) [Trad. Cristina de Peretti, Luis Ferrero y Delmiro Rocha, Buenos Aires, Manantial, 2011]; Seminario La pena de muerte. Volumen I (1999-2000) [Trad. Delmiro Rocha, La Oficina, Madrid, 2017]; Seminario La pena de muerte, Volumen II (2000-2001) [Trad. Cristina de Peretti y Delmiro Rocha, La oficina, Madrid, 2026] e foi membro do grupo de tradución de Glas [La Oficina, Madrid, 2015]. Como autor, ademais de numerosos artigos de investigación en revistas especializadas, publicou os seguintes libros: Deconstrucións. Unha volta a Jacques Derrida (Ourense, Estaleiro, 2011); Dinastías en Deconstrucción. Leer a Derrida al hilo de la soberanía (Madrid, Dykinson, 2012); Quizais. Filosofía ético-política do porvir (Vigo, Euseino, 2014); Deconstrucción de la pena de muerte (Madrid, La Oficina, 2019) e Pilar Gilardi y Delmiro Rocha (eds): La apropiación de Heidegger (México, UNAM & Bonilla Artigas, 2020).