NOVAS

 
Marzo 2019

Premio de investigación: María de los Ángeles Gómez González 

María de los Ángeles Gómez-González, membro principal do grupo D&I, recibiu o Premio de Investigación ‘Rafael Monroy’ para investigadores experimentados, concedido pola Asociación Española de Lingüística Aplicada (AESLA).

 

Outubro 2018

Nova Publicación: Gender & Short Fiction. Women’s Tales in Contemporary Britain, editado por Jorge Sacido Romero e Laura Lojo Rodríguez

Os membros do grupo, Jorge Sacido Romero e Laura Lojo Rodríguez, coeditan este novo volume, publicado por Routledge,  no que explican por que diferentes escritoras artisticamente ambiciosas seguen empregando o relato curto, un xénero que aínda non acadou o grao de prestixio e recoñecemento social que a novela tivo no período moderno. Neste volume, os editores avalan a idea de que o xénero do relato curto aínda conserva o seu potencial como vehículo para a expresión da experiencia feminina alternativa e/ou crítica coa ideoloxía patriarcal dominante. Máis información. 

 

Outubro 2018

Nova Publicación: The Construction of Discourse as Verbal Interaction, editado por María de los Ángeles Gómez González e J. Lachlan Mackenzie

O membro do grupo, María de los Ángeles Gómez González, co-edita este novo volume, publicado por John Benjamins, sobre  análise do discurso. O traballo proporciona novas perspectivas sobre as características explícitas e implícitas do discurso que se utilizan na interacción verbal. Máis información

 

26-27 de setembro de 2018

Congreso Internacional: IWoDA’18. International Workshop on Discourse Analysis

Entre os días 26 e 27 de setembro de 2018, o Grupo D&I acollerá unha nova edición de IWoDa, que terá lugar na Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, 26-27 de setembro de 2018. Máis información

 

31 de maio e 1 de xuño 2018

Congreso Internacional: XVII International AEDEI Conference: ‘Eco-Fictions & Irish Studies’

Entre os días 31 de maio e 1 de xuño, o Grupo D&I acollerá o Congreso AEDEI 2018, que nesta ocasión oriéntase cara a eco-crítica e o estudos ambientais. Máis información

 

Maio 2018

CONCESIÓN Contrato Predoutoral, Xunta de Galicia

Sandra Gómez González, membro en formación do Grupo D&I, acadou un contrato predoutoral da Xunta de Galicia na convocatoria do presente ano.

8-9 maio 2018

Obradoiro e Conferencias: ‘USC English Phonetics LAB’18 (USCEPL 2)’

Os días 8 e 9 de maio de 2018, o Grupo D&I acollerá un obradoiro e serie de conferencias impartidas por Bronwen Evans (U. College London). Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela. Máis información

 

20 abril 2018

Seminario: ‘Reading the Gendered Body’

O día 20 de abril, o Grupo D&I acollerá o Seminario ‘Reading the Gendered Body’, iniciativa do alumnado do Mestrado en Estudos Ingleses: Tendencias Actuais e as súas Aplicacións. Máis información

 

27 abril 2018

Conferencia Plenaria: Mª Soraya García Sánchez

O día 27 de abril de 2018, o Grupo D&I acollerá unha conferencia impartida por Mª Soraya García Sánchez (Universidad de Las Palmas de Gran Canaria) e titulada ‘21st Century Skills: Ubiquitous Learning & Communicative EFL/ESP’. Máis información

 

10 abril 2018

Conferencia Plenaria: Francisco Gonzálvez García

O día 10 de abril de 2018, o Grupo D&I acollerá unha conferencia impartida por Francisco Gonzálvez García (Universidad de Almería), titulada ‘What can pragmatic function tell us about the construction? A view from Contrastive (Cognitive) Construction Grammar’. Máis información

 

2-5 abril 2018

Christopher Norris. On “Creative Criticism”: Literary Theory and Poetic Practice

Do 2 ao 5 de abril, o grupo D&I acollerá unha serie de seminarios e conferencias plenarias a cargo do Prof. Christopher Norris.

19 marzo 2018

Conferencia Plenaria: Maureen O’Connor (University College Cork)

O 19 de marzo, o grupo D&I acollerá unha conferencia a cargo de Maureen O’Connor (University College Cork) e titulada “Ecofeminists and Other Animals: Tim Robinson’s Non-Human Ethics”. Máis información.

Xaneiro 2018

Nova Publicación: Fashion, Dress and Identity in South Asian Diaspora Narratives de Noemí Pereira-Ares

Fashion, Dress and Identity in South Asian Diaspora Narratives: From the Eighteenth Century to Monica Ali (Palgrave, 2018) presenta un estudo da relación entre vestido e identidade na literatura da diáspora surasiática en Gran Bretaña, incluíndo análises de autores e obras como The Nowhere Man (1972) de Kamala Markandaya, The Buddha of Suburbia (1990) de Hanif Kureishi, Life Isn’t All Ha Ha Hee Hee (1999) de Meera Syal e Brick Lane de Monica Ali. Máis información.

1 xaneiro 2018

Concesión NOVO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN MINECO

O grupo D&I obtén financiamento a través dun novo proxecto de investigación. Dirixido por Laura Lojo-Rodríguez e Jorge Sacido-Romero e titulado Interseccións: Xénero e Identidade na Narrativa Breve de Autoras Británicas Contemporáneas (FEM2017-83084-P), o proxecto persegue examinar de forma crítica como os vectores de etnia, nación, xénero, clase e sexualidade interaccionan na narrativa breve de escritoras británicas contemporáneas.

Xaneiro 2018

Nova Publicación: Los normandos en Galicia durante el siglo X de Fernando Alonso Romero

Los normandos en Galicia durante el siglo X. Los antecedentes, las naves, los itinerarios, los obispos, los castillos, é un traballo histórico do membro do grupo Fernando Alonso Romero e publicado en Santiago de Compostela pola editorial Andavira.

30 novembro 2017

Conferencia de Ángel Carlos Cerrato Covaleda

O 30 de novembro, o grupo D&I acollerá unha conferencia a cargo de Ángel Carlos Cerrato Covelada (EOI, Santiago de Compostela) e titulada “What is the situation of Spanish in the USA? Why, how and where is it part of the US educational system?” Máis Información.

14 novembro 2017

‘POST-IGE’. A cultura despois do barco

Mesa redonda ‘Cultura despois do Prestige’ (Uxía, Rocío Castro, Chus Nogueira) e recital poético (Marilar Aleixandre, Ana Romaní, Rafa Villar, Estevo Creus, María Lado, Ismael Ramos, Antón Blanco, Arancha Nogueira). Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia (USC). Máis Información.

9 novembro 2017

Eco-Críticas: Palabras e Imaxes

Seminario sobre ecocrítica organizado conxuntamente polo proxecto ‘Eco-Ficcións’, o grupo D&I, o Centro de Investigación de Proxectos e Prácticas Emerxentes (CIPPCE) e a Asociación Galega de Crítica (AGC). Máis Información.

9-10 outubro 2017

International Seminar: ‘Eco-Fictions II’

Segunda Edición do Seminario Internacional ‘Eco-Fictions’. Conferencia Plenaria a cargo da poeta irlandesa Grace Wells, e taller impartido por Stefanie Lethbridge (U. of Freiburg). Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela. Máis Información.

31 xullo 2017

Concesión BOLSAS PREDOUTORAIS, XUNTA DE GALICIA

Martín Fernández Fernández, Carmen González Varela, Regina Martínez Ponciano e Arancha Rodríguez Fernández acadaron, respectivamente, unha bolsa na presente convocatoria das Axudas Postdoutorais da Xunta de Galicia.

8-9 xuño 2017

II International Conference ‘The Discourse of Identity’

Segunda Edición do Congreso Internacional ‘The Discourse of Identity’. Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela. Máis Información.

2-3 maio 2017

Taller e Conferencia ‘An Introduction to English Intonation and Praat’, Dr. Bronwen Evans (University College London)

Evento organizado polo Grupo D&I e o Equipo SCIMITAR. Coordinadoras: María de los Ángeles Gómez González e Teresa Sánchez Roura. Máis Información.

30 marzo 2017

Taller ‘Using Learner Corpora in Second Language Acquisition Research: Learner Corpus Research’. Prof. Marcus Callies (University of Bremen)

O 30 de marzo de 2017, o equipo SCIMITAR organiza un taller que ofrecerá unha introdución avanzada ao emprego de corpora electrónicos para a investigación en adquisión de segundas linguas, especialmente o inglés. O taller será impartido por Marcus Callies da Universidade de Bremen. Máis Información.

31 xaneiro ao 14 marzo 2017

Ciclo de Conferencias ‘English Studies & Popular Culture II’

Segunda Edición do Ciclo de Conferencias ‘English Studies & Popular Culture’. O evento, iniciativa do alumnado do Mestrado Interuniversitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas aplicacións, e coordinado pola Dra. Laura Lojo Rodríguez e Jorge Rodríguez Durán, terá lugar entre os días 31 de xaneiro e 14 de marzo 2017 na Facultade de Filoloxía da USC. Descargar CartelDescargar programa.

15 decembro 2016

International Seminar: ECO-FICTIONS

O día 15 de decembro terá lugar o seminario ‘Eco-Fictions’, organizado polo Proxecto de Investigación ‘Eco-Ficcións’ e que tamén conta coa colaboración do Grupo D&I. Descargar Cartel.

11-25 outubro 2016

Shakespeare Live

11 de outubro, ‘Lectura Dramatizada de Ricardo III‘. 25 de outubro: ‘Shakespeare & Company: Lectura Pública de Monólogos, Sonetos, etc’. Descargar Cartel.

20 outubro 2016

Xornadas sobre a Época de Shakespeare

O 20 de outubro, os Grupos do Departamento de Lingua e Literatura Inglesas organizan unhas xornadas sobre a época de Shakespeare. Descargar Cartel.

10 outubro 2016

Conferencia de Annemarie Ní Churreáin

O 10 de outubro, en colaboración cos proxectos de investigación ‘Ex-sistere’ e ‘Eco-ficcións’ dirixidos por Manuela Palacios González, D&I acollerá unha conferencia a cargo da escritora irlandesa Annemarie Ní Churreáin e titulada ‘Where One Starts From: Home & the Art of Belonging’. Descargar Cartel.

4-5 outubro 2016

SEMINARIO e CONFERENCIA DE L.J.F. JOHN ASHDOWN-HILL

O 4 de outubro, o Prof. John Ashdown-Hill impartirá o seminario ‘The Wars of the Roses’, e o día 5 de outubro a conferencia ‘The Mythology of Richard III’. Descargar Cartel.

29-30 setembro 2016

IWoDA’16

O 29 e 30 de setembro, o grupo D&I acollerá IWoDA’16. No evento participará un conxunto de expertos en análise do discurso, explorando as múltiples propiedades do texto/discurso en lingua inglesa desde perspectivas variadas (cuantitativa, cualitativa, lingüística, cognitiva, psicolingüística, contrastiva, sociolingüística, crítica, literaria, cultural, fílmica, semiótica, etc.). IWoDA’16 está organizado de forma conxunta por SCIMITAR e o grupo D&I. Descargar Cartel. Máis información: http://www.usc.es/congresos/iwoda/EN/home 

27 setembro 2016

Conferencia de Irene García Losquiño

O 27 de setembro, o grupo D&I acollerá a conferencia de Irene García Losquiño (University of Aberdeen), titulada ‘Los Vikingos en la Península Ibérica: Nuevas Perspectivas sobre el Caso de Galicia’. Descargar Cartel.

30 xuño 2016

Concesión BOLSAS PREDOUTORAIS, Xunta de Galicia

Cecilia Marchetto Santorun e Inmaculada Pérez Casal obtiveron unha bolsa na presente convocatoria das Axudas de Apoio á Etapa Predoutoral da Xunta de Galicia.

8 xuño 2016

SEMINARIO ‘IRISH STUDIES IN GALICIA’

O día 8 de xuño, en colaboración cos proxectos de investigación ‘Ex-sistere’ e ‘Eco-ficcións’ dirixidos por Manuela Palacios González, D&I organizará un seminario no que investigadores en formación das tres universidades galegas presentarán os traballos que están a desenvolver dentro do eido dos Estudos Irlandeses. O evento contará ademais cunha conferencia plenaria a cargo da Profesora María Jesús Lorenzo Modia (UDC). Descargar Cartel.

28 abril 2016

Conferencia de Ástráður Eysteinsson

O día 28 de abril, D&I acolle unha conferencia a cargo de Ástráður Eysteinsson (Universidad de Islandia) titulada ‘Where is Modernism Headed?’ Descargar Cartel.

27 abril 2016

Conferencia de Asier Altuna García de Salazar

O día 27 de abril, D&I acolle unha conferencia a cargo de Asier Altuna García de Salazar (Universidad de Deusto) titulada ‘Multicultural or Transcultural Ireland: The Dysfunctional Family of the “Other”‘. Descargar Cartel.

21-22 abril 2016

Seminario Internacional ‘Gender & Short Fiction: Women’s Tales in Contemporary Britain’ 

Entre os días 21 e 22 de abril celebrarase o Seminario Internacional ‘Gender & Short Fiction’ no que expertos de diversas universidades nacionais e estranxeiras examinarán  a relación entre xénero literario e autoría feminina. O evento inclúe unha conferencia plenaria a cargo da escritora escocesa Janice Galloway. O seminario desenvólvese ao amparo dun proxecto de investigación titulado “‘Women’s Tales’: The Short Fiction of Contemporary British Writers 1974-2013” dirixido por Jorge Sacido Romero e financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad (FEM2013-41977). Descargar Cartel. Descargar programa.

2 febreiro – 8 de marzo 2016

Ciclo de Conferencias ‘English Studies & Popular Culture’

O evento, iniciativa do alumnado do Mestrado Interuniversitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas aplicacións, e coordinado pola Dra. Laura Lojo Rodríguez e Jorge Rodríguez Durán, terá lugar os días 2, 16 e 23 de febreiro e 1 e 8 de marzo na Facultade de Filoloxía da USC. Descargar CartelDescargar programa.

Febreiro 2016

Concesión NOVO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN MINECO

O grupo D&I obtén financiamento a través dun novo proxecto de investigación concedido polo MINECO. Titulado Eco-ficcións: Discursos emerxentes sobre muller e natureza en Galicia e Irlanda (FEM2015-66937-P), o proxecto está dirixido por Manuela Palacios González.

Febreiro 2016

NOVA PUBLICACIÓN

English Pronunciation for Speakers of Spanish: From Theory to Practice (Mouton de Gruyter, 2016), escrito por Mª de los Ángeles Gómez González e Teresa Sánchez Roura, e acompañado de obra dixitar: English Pronunciation for Speakers of Spanish: From Theory to Practice (DVD, Toolkit). O manual combina cuestións teóricas e actividades prácticas, adoptando ademais unha aproximación contrastiva inglés-español, o que o fai especialmente adecuado para falantes do español que sexan aprendices de inglés como segunda lingua. En sete capítulos escritos nun estilo moi accesible, o manual cobre os aspectos chave da fonética e fonoloxía inglesas, incluíndo ademais ao redor de 100 exercicios escritos e de escoita coas súas correspondentes solucións. Ademais, o manual vai acompañado dunha páxina web interactiva, EPSS Multimedia Lab, que resulta particularmente útil para a aprendizaxe autónoma e autodidacta. Descargar Imaxe. Presentación do libro. Difusión nos medios.

Outubro 2015

Concesión GRUPO DE REFERENCIA COMPETITIVA, Xunta de Galicia

O grupo D&I obtén financiamento por parte da Xunta de Galicia no marco do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas.

Decembro 2015

NOVA PUBLICACIÓN

Los ritos de los sentidos. Poesía árabe (Cantarabia, 2015), antoloxía, tradución, introdución e apéndices de Jaouad Elouafi, Bahi Takkouche, Manuela Palacios e Arturo Casas. A obra, na que participa como co-editora Manuela Palacios González, constitúe unha selección de poesía árabe sobre o corpo e a cultura que o arroupa, engalánao, circunscríbeo ou ocúltao. Os corpos que habitan estes poemas gozan e sofren, ansían o rozamento doutros corpos ou ben a unión cun espírito transcendente. Son corpos que se afanan por recoñecerse no outro, na comunidade ou na íntima fusión coa natureza. Prendidos dos seus sentidos, oímos o clamor das súas bocas amordazadas, seguimos os seus pasos errantes no exilio, somos cómplices dos seus soños e vixilias, respiramos con eles o perfume do cardamomo e, a través dos seus cantos, contemplamos as nubes acesas. Reais ou figurados, estes corpos aparecen en ocasións de forma ostensible, como nalgúns versos de Nizar Qabbani, Fawyziya Abu-Jalid ou Mohammed Bennis, outras de modo implícito a través de tropos que personifican a poesía ou a inspiración artística e que desta maneira permítennos ver, palpar e sentir o mundo. Descargar Imaxe.

Agosto 2015

NOVA PUBLICACIÓN

Sound Effects: The Object Voice in Fiction (Brill/Rodopi, 2015), editado por Jorge Sacido Romero e Sylvia Mieszkowski. O volume combina crítica literaria e a teoría da psicanálise ao longo de once ensaios nos que se analiza o potencial do obxecto voz como ferramenta analítica de aproximación á ficción. Xunto coa mirada, a voz constitúe un dos engadidos de Jacques Lacan ao conxunto de obxectos parciais da psicanálise clásica e só recentemente foi teorizada por Mladen Dolar en Voice and Nothing More (2006). Con algunhas excepcións, os elementos sonoros na narrativa recibiron pouca atención crítica en comparación co que ocorre no ámbito da poesía ou do teatro. Sound Effects constitúe unha refrescante contribución ao florecente campo dos estudos do son e disponse a encher o mencionado baleiro crítico a través de renovadas análises de narrativas inglesas e americanas, entre as que se atopan obras de James Joyce, E. M. Foster, V. S. Pritchett, Muriel Spark, Thomas Pynchon ou James Chapman. Descargar Imaxe.