EQUIPO LITERATURA 2: 'ESCRITURA e XÉNERO EN IRLANDA'

Coordinadora: Manuela Palacios González

Membros Principais USCSusana Domínguez Pena, Margarita Estévez Saá, Laura Lojo Rodríguez.

Liñas de Investigación: Literatura irlandesa en lingua inglesa; Estudos de xénero/estudos da muller; Ecocrítica e Ecofeminismo; Estudos comparativos Galicia-Irlanda.

Páxinas Web: http://www.usc.es/poxeirga/index.php?id=per-manuela&setlang=en 

                                http://irgal.es/

O Equipo Literatura 2, coordinado por Manuela Palacios González, reúne especialistas en poesía e narrativa irlandesa contemporánea, así como expertos joyceanos. Entre as liñas de investigación do equipo figuran a literatura irlandesa en lingua inglesa, os estudos de xénero e os estudos comparativos entre as realidades culturais e literarias de Galicia e Irlanda. Os membros do equipo publicaron de forma prolífica sobre estes temas, incluíndo múltiples artigos en revistas académicas de alto impacto, así como capítulos de libro, monografías e volumes en editoriais internacionais (Peter Lang, Routledge, Shearsman Books, Salmon Poetry). Forked Tongues. Galician, Basque and Catalan Women’s Poetry in Translations by Irish Writers (2012), editado por Manuela Palacios; Creation, Publishing, and Criticism: The Advance of Women’s Writing (2010) coeditado por Manuela Palacios, Laura Lojo e Mª Xesús Nogueira; Writing Bonds: Irish and Galician Contemporary Women Poets (2009), editado por Manuela Palacios e Laura Lojo; The Scallops of Saint James, an Old Pilgrim’s Hoard”: Reading Joyce from the Peripheries (2006), coeditado polos membros do equipo Susana Domínguez Pena e Margarita Estévez-Saá; o A Pilgrimage from Belfast to Santiago de Compostela: The Anatomy of Bernard MacLaverty’s Triumph over Frontiers (2002), escrito por Margarita Estévez-Saá e Anne MacCarthy, son só algúns exemplos representativos. O equipo tamén organizou múltiples eventos científicos relacionados coas súas liñas de investigación, como é o caso do Seminario Internacional ‘Eco-Fictions’ (2016), o Seminario Internacional  ‘Creation, Editing and Criticism: Irish and Galician Poets’ (2009) ou o curso Estudos de Xénero: Literatura en Feminino/Masculino (2006). Desde 2009, os membros do equipo conseguiron, en concorrencia competitiva, 5 proxectos de investigación, sendo o máis recente Eco-ficcións: Discursos Emerxentes sobre a Muller e a Natureza en Galicia e Irlanda (FEM2015-66937-P, 2016-2018), liderado por Manuela Palacios González. Este proxecto xorde do interese deste equipo por explorar e afondar nas interseccións entre literatura, estudos de xénero e ecocrítica, tanto no contexto galego como no irlandés. Finalmente, cómpre subliñar que, a través da súa coordinadora, Manuela  Palacios González, o Equipo Literatura 2 colabora con entidades literarias e culturais como o Instituto Cervantes (Dublín), The Arts Council (Irlanda), CIPPCE (Centro de Investigación sobre Prácticas e Procesos Culturais Emerxentes), Ireland Literature Exchange, Asociación de Escritores en Lingua Galega, así como con editoriais galegas e irlandesas e universidades estranxeiras como University College Cork (UCC) ou University College Dublin (UCD).