Nerea Riobó-Pérez

 

Nerea Riobó-Pérez

Nerea Riobó-Pérez licenciouse en Lingua e Literatura Inglesas en 2012 pola Universidade de Santiago de Compostela, onde en 2013 cursou ademais o mestrado en Estudos Ingleses Avanzados. Como estudante de intercambio ERASMUS (2010-2011), Riobó-Pérez tamén estudou na Universidade de Aberdeen, Reino Unido. Tras especializarse nos contos de Angela Carter sobre Carapuchiña Vermella, na actualidade, Riobó-Pérez está a completar a súa tese de doutoramento baixo a supervisión da Doutora Laura Lojo Rodríguez. Titulada Wicked Women or Passive Heroines in Fairy Tales? Angela Carter’s Female Characters and Sexuality, a tese analiza o uso do simbolismo e a identidade feminina nos contos de Angela Carter. As principais liñas de investigación de Riobó-Pérez inclúen o estudo dos contos de fadas e o folclore, o feminismo e a sexualidade, o gótico e a construción do xénero no relato curto.

 

Correo electrónico: nerea.riobo.perez@gmail.com

Contribucións Recentes:

 

  • Gothic Fairy Tales: Angela Carter’s Torture Chamber and the Evil Marquis.” Relatorio presentado no 39th AEDEAN Conference, congreso celebrado na Universidad de Deusto (Bilbao), 11-13 novembro 2015.

  • Happily Ever After: Maternal Desires in Patriarchal Tradition and Angela Carter’s Revision of Asputtle’s Fairy Tale.” Relatorio presentado no 39th AEDEAN Conference, congreso celebrado na Universidad de Deusto (Bilbao), 11-13 novembro 2015.

  • A British Woman in the Land of the Raising Sun. Angela Carter’s ‘A Souvenir of Japan.’” Relatorio presentado no New Typologies of (E/Im)Migration: Mobility and Transcultural Spaces. 20th Culture and Power International Conference, congreso celebrado en Santiago de Compostela, 8-10 outubro 2015.

  • Angela Carter and the Fairy Tale.” Relatorio presentado en IDAES Graduate Day 2015: International Doctoral Programme in Advanced English Studies – Linguistics, Literature and Culture, reunión celebrada na Universidade de Vigo, 9 maio 2015.

  • Angela Carter e o conto de fadas.” Relatorio Presentado no III Encontro da Mocidade Investigadora da USC, celebrado na Universidade de Santiago de Compostela, 25-26 marzo 2015.