José Manuel Barbeito Varela

José Manuel Barbeito Varela

 

J. Manuel Barbeito Varela é Profesor Titular de Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela (USC). A súa investigación céntrase principalmente no estudo da identidade e a subxectividade na tradición literaria en lingua inglesa. Nesta liña, ten publicado sobre escritores como Swift, Austen, W. B. Yeats, James Joyce ou Salman Rushdie. Barbeito Varela é autor de títulos como Las Brönte y su mundo (2006) ou El individuo y el mundo moderno: el drama de la identidad en siete clásicos de la literatura británica (2004). Tamén editou In Mortal Shakespeare. Radical Readings (1989), Paradise Lost: The Word, the words, the world (1991), Modernity, Modernism, Postmodernism (2000), Feminism, Aesthetics and Subjectivity: Essays on Women and Culture in Early Twentieth Century British Literature (2001), e coeditou o volume National Identities and European Literatures (2008). Fóra do ámbito dos estudos ingleses, publicou o capítulo “Spanish and Spanish-American Poetics and Criticism,” en Cambridge History of Literary Criticism, vol. IX (2001). Barbeito Varela coordinou así mesmo diversos proxectos de investigación e ten organizado varias conferencias e seminarios que contaron ca presenza de recoñecidos académicos no campo da teoría crítica.

 

Correo electrónico: jmanuel.barbeito@usc.es

Outras Publicacións Representativas:

 

  • El tiempo, el amor y la celebración del ser según ‘Lullaby,’ de W.H. Auden.” Quaderns de Versàlia W. H. Auden. 2014: 26-33.

  • Mind the Gap: Modernism in Salman Rushdie’s Postmodern Short Stories” (en co-autoría con María Lozano). Modernism, Postmodernism, and the Short Story in English, editado por Jorge Sacido Romero. Amsterda: Rodopi / Brill, 2012. 175-206.

  • Moral Realism, Radical Politics. A Commentary on Ferry Eagleton’s Holy Terror. Philosophy and Social Criticism 34, 2008.

  • Las Brönte y su mundo. Madrid: Síntesis, 2006.

  • “John Huston’s vs. James Joyce’s ‘The dead.’” Books in Motion: Adaptation, Intertextuality, Authorship, editado por Mireia Aragay. Amsterdam: Rodopi, 2005. 145-161.

  • El individuo y el mundo moderno: el drama de la identidad en siete clásicos de la literatura británica. Oviedo: Septem 2004.