Ana Díaz Rodríguez

 

 

Ana Díaz Rodríguez

Ana Díaz Rodríguez, graduada en Lingua e Literatura Inglesas (2013) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), tamén cursou un mestrado en Estudos Ingleses Avanzados (2014) na mesma universidade. Na actualidade, Díaz Rodríguez está a traballar na súa tese de doutoramento baixo a supervisión da Dra. Margarita Estévez-Saá. Titulada provisionalmente Portraits of Old Women in Contemporary Literature in English: A Study from the Perspective of Literary Criticism, Age and Gender Studies, a tese céntrase no estudo da representación da muller anciá na literatura inglesa contemporánea. Entre as principais liñas de investigación de Díaz Rodríguez atópanse os estudos da vellez, a crítica feminista e os estudos culturais.

 

Correo electrónico: anadirod@gmail.com

Contribucións Recentes:

  • Amy Tan’s The Joy Luck Club: Emigration from the Perspective of Old Women.” Relatorio presentado no New Typologies of (E/Im)Migration: Mobility and Transcultural Spaces. 20th Culture and Power International Conference, congreso celebrado en Santiago de Compostela, 8-10 outubro 2015.