Arancha Rodríguez Fernández

 

 

Arancha Rodríguez Fernández

Arancha Rodríguez Fernández posúe unha licenciatura en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, así como un Mestrado de Literatura Comparada e Crítica Cultural da Universitat de València e un Mestrado de Educación Secundaria pola Universidade de Vigo. Actualmente, está a levar a cabo a súa tese de doutoramento baixo a dirección da Dra. Manuela Palacios González. Provisionalmente nomeada A rexión extrema: o discurso amoroso na poesía contemporánea de mulleres en Galicia e Irlanda, a súa investigación analiza a poesía amorosa contemporánea escrita por mulleres nas dúas nacións, prestando especial atención á construcción da identidade e o xénero no discurso amoroso levado a cabo nestes lugares. Entre os seus principais focos de interese atópanse os Estudos de Amor, os Estudos de Xénero e Estudos Queer, a Literatura Comparada e a Literatura escrita por mulleres.

 

Correo electrónico:  arancha.rodriguez.fernandez@usc.es

Contribucións Recentes:

 

  • Inhabiting Love: Domestic and Outdoor Spaces in Vona Groarke’s Poetry”. Relatorio presentado no Congreso Internacional EFACIS na Universidade da Coruña (A Coruña), 31 de agosto – 2 de setembro de 2017.

  • “Afecto e intimidade nas poetas galegas e irlandesas contemporáneas: unha aproximación comparativa.” Relatorio presentado no V Encontro da Mocidade Investigadora, na Universidade de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela), 12-13 de xuño de 2017.

  • “Domestic Arrangements: A Sense of Belonging in Vona Groarke’s Other People’s Houses and María Lado’s casa atlántica/casa cabaret. Relatorio presentado no II Congreso Internacional The Discourse of Identity, na Universidade de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela), 8-9 de xuño de 2017.

  • “Emancipación desde as ourelas: natureza e rebeldía en Silencio Percutido de Eva Veiga”. Relatorio presentado no Seminario Internacional Eco-Fictions, na Universidade de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela), 15 de decembro de 2016.

  • Sobre La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica de Walter Benjamin: una lectura interdisciplinar.BOND: Biblioteca On-line de Design (2013): online. ISSN 2182-6986.