EQUIPO LITERATURA 4: 'Literatura Norteamericana e Post-Colonial'

Coordinador: Constante González Groba

Membros Principais USC: Patricia Fra López, Susana Jiménez Placer.

Liñas de Investigación: Literatura dos EE. UU. e o seu contexto cultural; Literatura e cultura do Sur dos EE. UU.; Literatura dos EE. UU. no cinema e a televisión; Literatura Post-Colonial.

O Equipo Literatura 4, coordinado por Constante González Groba, abarca diversas liñas de investigación relacionadas coa literatura dos EE. UU. e a literatura postcolonial. No que respecta ao estudo da literatura dos EE. UU. destacan a literatura do sur e as complexas interaccións entre xénero, raza e clase social na devandita rexión. Entre as recentes publicacións do equipo, destacamos: Unsteadily Marching On: The U. S. South in Motion (2013), e Hijas del Viejo Sur: La mujer en la literatura femenina del sur de los Estados Unidos (2012), ambos editados por Constante González Groba. O equipo conseguiu diversos proxectos de investigación competitivos: “Muller, espazo, xénero e raza na narrativa feminina do Sur dos EE UU (desde 1890)” (MEC 2007-2010); “O movemento polos dereitos civís na ficción e o teatro dos Estados Unidos” (MICIN 2011-2013); “A autobiografía feminina do Sur dos Estados Unidos: ‘Genre’, ‘Gender’, ‘Race’, ‘Region'” (MINECO 2014-2017). Membros do equipo participaron noutros proxectos como “Via Lactea”, “Education, Audiovisual and Culture Executive Agency” da Unión Europea (2014-2017) e forman parte do Consello de Redacción de revistas como Atlantis: Revista de la Asociación Española de Estudios Anglo-Norteamericanos, The Grove: Working Papers on English Studies e Moravian Journal of Literature and Film. Entre os eventos organizados polo equipo, destacamos: XII International Conference of the Southern Studies Forum: “Southern Destinations / The South in Motion” (15-17 de setembro de 2011); Symposium on Southern Autobiography: “Writing the Self, Writing the South” (1-3 de xuño de 2016).