Martín Fernández Fernández

Martín Fernández Fernández

Martín Fernández Fernández graduouse en Lingua e Literatura Inglesas (2015) pola Universidade de Santiago de Compostela, na mesma onde obtivo o Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2016). Grazas a unha bolsa Erasmus, cursou parte dos seus estudos na University of Sheffield (UK). Actualmente, Martín Fernández Fernández está a completar a súa tese de doutoramento baixo a supervisión do Dr. Constante González Groba. Provisionalmente titulada The Emmett Till Case in US Fiction and Drama, a súa tese analiza as diferentes maneiras de asimilar o trauma de Emmett Till por parte de varios grupos sociais dos EE. UU. nunha serie de manifestacións literarias nas que raza, xénero e clase se interrelacionan cós estudos de trauma. As súas principais liñas de investigación inclúen a cultura e a literatura estadounidense, os estudos afroamericanos e o sur dos EE. UU.

 

Correo electrónicomartin.fernandez.fernandez@rai.usc.es

Contribucións Recentes:

 

  • “The Impact of the Emmett Till Case on the Southern Way of Life in Bebe Moore Campbell’s Your Blues Ain’t Like Mine and Lewis Nordan’s Wolf Whistle”. 41st AEDEAN Conference. 8 novembro 2017, Centro Asociado de la UNED de Tenerife, San Cristóbal de La Laguna.

  • “O caso de Emmett Till na literatura dos EE. UU”. V Encontro Mocidade Investigadora. 12 xuño 2017, Facultade de Ciencias da Comunicación, Santiago de Compostela.

  • “Literary Reverberations: The Trauma of Emmett Till in African-American Identity”. II International Seminar `The Discourse of Identity’. 8 xuño 2017. Facultade de Filoloxía, Santiago de Compostela.

  • “The Emmett Till case in US Fiction and Drama”. IDAES Graduate Day. 30 maio 2017, Facultade de Filoloxía, A Coruña.

  • The Apprenticeship of the Hemingway Hero in The Sun Also RisesA Farewell to Arms, and For Whom the Bell Tolls”. English Studies & Popular Culture II, 21 febreiro 2017, Facultade de Filoloxía, Santiago de Compostela. Conferencia por invitación.

  • The Voiced Puzzle of the Americas”. Review of Plurivozes Americanas / American Plural Voices / Plurivoces Americanas, editado por Gisele Giandoni Wolkoff. Belas Infieis, 2017, p. 187-190.

  • “Encontro con Xosé Neira Vilas: Camiño bretemoso e a experiencia migratoria” (en coautoría con Leire Porral). Boletín Galego de Literatura, vol. 48, 2016.

  • The Irish Diaspora in Francis McCourt’s ‘Tis” (mesa redonda). Irish Studies in Galicia. 8 xuño 2016, Facultade de Filoloxía, Santiago de Compostela.

  • Film and Literature” (mesa redonda). English Studies & Popular Culture, 1 marzo 2016, Facultade de Filoloxía, Santiago de Compostela.

  • The Paths of Migration: Women Do Not Forget”. Review of Letras Nómades. Experiencia da mobilidade feminina na literatura galega, editado por Ana Acuña, Independent Journal of Interdisciplinary Arts, 2016, p. 28-31.