GRUPO DE INNOVACIÓN DOCENTE

Grupo de Innovación Docente en Identidade e Estudos de Xénero na Cultura e Literatura os Países Anglófonos

Liñas de Traballo 

  • Estudos de Xénero
  • Construción do Xénero na Literatura dos Países Anglófonos
  • Construción do Xénero na Historia e Cultura dos Países Anglófonos
  • Teoría Literaria Feminista
  • Estudos sobre Masculinidade

 

CoordinadoraLaura Lojo Rodríguez

Este grupo de innovación docente parte dunha sección do grupo de investigación de Referencia Competitiva Discurso e Identidade (GRC2015/002, GI-1924 D&I), coa finalidade de integrar nas prácticas de innovación docente as actividades que nós organizamos, e que van encamiñadas ao alumnado de grado e posgrao das diversas ramas de Humanidades, coa fin de complementar esta formación, así como de ofertar novas aproximacións a posibles eidos de estudo de interese para este alumnado. O punto común a todas estas accións é unha especial sensibilidade cara os estudios de xénero coa finalidade de educar en valores transversais como a igualdade entre xéneros nos diferentes ámbitos. Deste xeito, organizamos congresos e seminarios internacionais, así como talleres literarios e seminarios de formación específica nos que aproximacións teóricas e prácticas sobre a conxunción entre xénero e identidade son o foco primordial.  A nosa finalidade é ofrecer un foro de debate no que reflexionamos sobre as diversas construcións de xénero en medios como a literatura e a cultura, prestando especial atención ás tradicións dos países anglófonos.