Jorge Rodríguez Durán

Jorge Rodríguez Durán

Jorge Rodríguez Durán graduouse en Lingua e Literatura Inglesas en 2015 pola Universidade de Santiago de Compostela, a mesma na que cursou un Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados tras pasar un ano de intercambio Erasmus na Universidade de Birmingham, Reino Unido. Jorge Rodríguez Durán participa activamente na vida universitaria organizando intercambios de linguas, ademáis de conferencias sobre estudos ingleses e cultura popular. Actualmente está a completar a súa tese de doutoramento baixo a supervisión da Doutora Manuela Palacios González. Titulada Literary Cartographies of Northern Irish Urban Landscapes, a tese analiza a maneira na que diversas escritoras irlandesas crean diferentes representacións e imaxinarios da cidade no contexto do norte xeográfico de Irlanda e a súa partición. As súas principais liñas de investigación inclúen a literatura irlandesa contemporánea, a ecocrítica, con especial énfase nos estudos de paisaxe, e a relación entre cultura, literatura e as artes visuais.

 

Correo electrónicojorge.rdgz.duran@gmail.com

Contribucións Recentes:

 

  • ‘Shall Only Our Rivers Run Free’: Natural and Urban Landscapes in Women’s Tales about the North of Ireland.” Relatorio presentado no Seminario Internacional ‘Eco-Fictions’, na Universidade de Santiago de Compostela, 15 decembro 2016.

  • Urban Tales: Women’s Imaginaries in Short Fiction about the Troubles.” Relatorio presentado no 40º congreso AEDEAN 2016. Universidad de Zaragoza, 9-11 novembro 2016.

  • “Speaking Walls: Urban Architecture and Creativity in Northern Ireland.” Relatorio presentado no 40º congreso AEDEAN 2016, na Universidad de Zaragoza, 9-11 novembro 2016.

  • How Media Narratives Affect Our Minds: Vampire Narratives at the Turn of the 21st Century.” Relatorio presentado no Congreso ‘Cultural Popular y Hegemonía: Su Representación en los Medios de Comunicación,’ na Universidade da Coruña, 19-21 de outubro, 2016.

  • Reading and Disassembling Northern Irish Walls in Fiona Barr’s ‘The Wall Reader.’” Relatorio presentado no Congreso ‘The Region, Nation, and Literature Association,’ na Universidade da Coruña, 15-18 de xuño 2016.

  • Work in Progress: Women’s Imaginaries in Short Fiction about the Troubles”.  Relatorio presentado no Seminario ‘Irish Studies in Galicia,’ na Universidade de Santiago de Compostela, 8 de xuño 2016.

  • Mirroring a Nation: Margaret Thatcher in the Harry Potter saga.” Relatorio presentado no Ciclo de Conferencias English Studies and Popular Culture, na Universidade de Santiago de Compostela, do 2 de febreiro ao 8 de marzo, 2016.