INVESTIGACIÓN: PROXECTOS, REDES e FINANCIAMENTO

PROXECTOS, REDES e FINANCIAMENTO ACTUAIS

Proxecto de Investigación: Eco-ficcións: Discursos emerxentes sobre muller e natureza en Galicia e Irlanda (FEM2015-66937-P)

IP: Manuela Palacios González

Concesión: 2016-2018

Entidade financiadora: Ministerio de Economía e Competitividade, e FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional)

Cuantía: 35.574,00 €

O proxecto de investigación Eco-ficcións persegue identificar e avaliar os discursos emerxentes sobre a relación muller-natureza en Galicia e Irlanda desde as últimas décadas do século XX, abarcando así un período caracterizado por un incremento sen precedentes de mulleres escritoras e artistas en ambas as comunidades. A hipótese de partida deste proxecto asume que os cambios sociais e ambientais destas últimas décadas, xunto cunha participación máis activa das mulleres na esfera pública, produciron discursos emerxentes que levan aparellados prácticas e valores novos na nosa relación coa natureza. Esta aproximación transnacional, ecorrexional e ecofeminista do proxecto ten como obxectivo último conectar a creación artística coa intervención política, a teoría ambiental coa acción social.

Axuda de Investigación: Consolidación e Estruturación GRC 2015/002 GI-1924 Discurso e Identidad (D&I)

IP: Laura Lojo Rodríguez

Concesión: 2015 – 2018

Entidade financiadora: Xunta de Galicia

Cuantía: 278.500,00 €

Esta axuda de investigación enmárcase dentro do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C). A axuda, concedida en concorrencia competitiva, está dirixida a grupos de investigación do Sistema Universitario de Galicia cuxa competitividade quede reflectida en: bos índices de publicacións académicas, alto nivel de captación de recursos, capacidade para atraer e formar novos investigadores; capacidade para cooperar e establecer colaboracións con outros grupos de investigación, institucións ou empresas.

Proxecto de Investigación: A construción do discurso como interacción social: implicacións e aplicacións contrastivas (FFI2013-40517-P)

IP: Mª de los Ángeles Gómez  González

Concesión: 2014 – 2016

Entidade financiadora: Ministerio de Economía e Competitividade

Cuantía: 54.450,00 €

Este proxecto proponse investigar as estratexias e os procesos que interveñen na construción do discurso como interacción social en inglés e en contraste con outras linguas (fundamentalmente, o español e o portugués) desde un enfoque multidimensional integrado en catro eixos: 1) a construción gramatical do discurso; 2) o estudo da interface discurso e sociedade; 3) o uso de construcións na interacción social; 4) a análise da competencia discursiva avanzada – complementa o eixo 3 desde a perspectiva da adquisición do inglés como lingua estranxeira, tanto no rexistro oral como no escrito.

Proxecto de Investigación: A autobiografía feminina do sur dos Estados Unidos: ‘Genre’, ‘Gender’, ‘Race’, ‘Region’ (FFI2013-44747-P)

IP: Constante González Groba

Concesión: 2014 – 2017

Entidade financiadora: Ministerio de Economía e Competitividade

Cuantía: 42.350,00 €

Proxecto de Investigación: “Contos de mulleres”: A narrativa breve de escritoras británicas contemporáneas: (1974-2013) (FEM2013-41977-P)

IP: Jorge Sacido Romero

Concesión: 2014 – 2016

Entidade financiadora: Ministerio de Economía e Competitividade

Cuantía: 22.900,00 €

O proxecto ten por obxectivo explorar a resistencia á autoridade patriarcal e o concomitante esforzo feminista para redefinir a posición da muller na sociedade tal e como aparecen articulados na narrativa breve escrita por mulleres desde 1974-2003. A achega das mulleres ao desenvolvemento da narrativa breve moderna é incuestionable e esta contribución é especialmente relevante non só porque establece unha continuidade con toda unha tradición anterior, senón e máis importante porque revela o potencial deste xénero literario para expresar a experiencia feminina. A conexión entre xénero feminino e o xénero literario da narrativa breve está pois na base fundacional deste proxecto. A narrativa breve de autoría feminina emerxe como un vehículo de expresión artístico-estético que a miúdo adquire unha dimensión ético-política, sendo empregado por múltiples autoras para reformular cuestións cruciais como a identidade/diferencia sexual, subxectividade, a dialéctica privada/pública, ou o corpo feminino e a problemática asociada á súa representación.

Proxecto de Investigación: Ex-sistere: A mobilidade das mulleres nas literaturas galega e irlandesa contemporáneas (FFI2012-35872)

IP: Manuela Palacios González

Concesión: 2013 – 2016

Entidade financiadora: Ministerio de Economía e Competitividade

Cuantía: 30.420,00 €

Os discursos sobre mobilidade están marcados por consideracións de xénero. Partindo da base de que Galicia e Irlanda viviron fluxos migratorios comparables, queremos valorar ata que punto a notable incorporación de mulleres aos sistemas literarios de ambas as comunidades desde 1980 introduciu perspectivas novas sobre a mobilidade da muller. Desexamos investigar a hipótese de que a literatura contemporánea de autoría feminina desafía a división tradicional das esferas privada e pública e configura o desprazamento con elementos novos que responden as críticas que, desde os estudos feministas, poscoloniais e postestruturalistas, fixéronse dos discursos canónicos sobre a mobilidade da muller. Con este proxecto multidisciplinario buscamos corrixir a escaseza de estudos sobre o papel da muller nos fluxos migratorios e analizar os dereitos e igualdade de oportunidades dos suxeitos migratorios mediante aproximacións de investigación renovadas.

Rede de Investigación Contagram. Contrastive Linguistics: Constructional and Functional Approaches (WO.013. 11N). Research Foundation Flanders (FWO, Bélxica) (SOCIO).

IP coordinadora do equipo coordinante: Miriam Taverniers

Coordinadora do equipo coordinado: María de los Ángeles Gómez González

Concesión: 2011-2016

Cuantía: 62.500,00 €

Contrastive Linguistics: Constructional and Functional Approaches persegue promover o estudo da interacción entre a lingüística contrastiva/ construtiva e a lingüística funcional. A rede de investigación Contagram reúne un conxunto de doce equipos de investigación cunha traxectoria investigadora de recoñecido prestixio a nivel internacional, entre os que se inclúe o equipo de lingüística deste grupo, SCIMITAR. A través de varias iniciativas e actividades, a rede ten por obxectivo afondar, desde un punto de vista teórico e metodolóxico, sobre a interacción entre a lingüística contrastiva e a tipoloxía lingüística por unha banda, e a lingüística contrastiva e a gramática construtiva e/ou funcional por outra banda.

DDDDDDDDDDDDDD

PROXECTOS, REDES e FINANCIAMENTO ANTERIORES

Rede de Investigación: Lingua, Literatura Inglesa e Identidad II (R2014/043)

IP: María Jesús Lorenzo Modia

Periodo: 2014-2015

Entidade Financiadora: Xunta de Galicia

Cuantía: 120.000,00 €

Proxecto de Investigación: Estudo multidimensional da interface gramática-discurso en Lingua Inglesa II (FFI2010-19380)

IP: Mª de los Ángeles Gómez  González

Concesión: 2011-2014

Entidade financiadora: Ministerio de Ciencia e Innovación

Cuantía: 121.000,00 €

Proxecto de Investigación: A tradición feminina perdida: antecesoras, contemporáneas e sucesoras de James Joyce na literatura irlandesa (FEM2010-16897)

IP: Margarita Estévez-Saá

Concesión: 2011-2014

Entidade financiadora: Ministerio de Ciencia e Innovación  

Cuantía: 12.100,00 €

Proxecto de Investigación: O movemento polos dereitos civís na ficción e no teatro dos Estados Unidos

IP: Constante González Groba

Concesión: 2011-2013

Entidade financiadora: Ministerio de Ciencia e Innovación  

Cuantía: 26.000,00 €

Acción Complementaria: Congreso Internacional ‘The Discourse of Identity’ (FFI2011-14834-E)

IP: Elsa María González Álvarez

Periodo: 2011-2012

Cuantía: 3,000.00 €

Proxecto de Investigación: Nós/-outras e eles/-as: Discursos das escritoras irlandesas e galegas sobre a estranxeiría (1980-2007) (FFI2009-08475)

IP: Manuela Palacios González

Concesión: 2010-2012

Entidade financiadora: Ministerio de Ciencia e Innovación

Cuantía: 41.140,00 €

 Acción Complementaria: Seminario Internacional ‘Modernism and Postmodernism in the English Short Story’ (FFI2009-08265-E)

IP: Jorge Sacido Romero

Periodo: 2010-2011

Cuantía: 9,000.00 €

Proxecto de Investigación: Nos-outras: Discursos das escritoras irlandesas e galegas sobre a estranxeiría (09PXIB204127PR)

IP: Manuela Palacios González

Concesión: 2009-2012

Entidade financiadora: Xunta de Galicia

Cuantía: 33.875,00 €

Proxecto de Investigación: Gramática, discurso e competencia comunicativa en lingua inglesa. Un enfoque multidisciplinar integrado (09PXIB204155PR)

IP: Mª de los Ángeles Gómez  González

Concesión: 2009-2012

Entidade financiadora: Xunta de Galicia

Cuantía: 55.566,00 €

Proxecto de Investigación: ‘Regreso a Compostela’ e Outros Cadernos de Viaxe: Edith Wharton e o Camiño de Santiago nos anos 20  (SI427 2009/42-0)

IP: Patricia Fra López

Concesión: 2009-2010

Entidade financiadora: Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, Xunta de Galicia

Proxecto de Investigación: Modernismo e postmodernismo no relato curto inglés (INCITE08PXIB204011PR)

IP: Jorge Sacido Romero

Concesión: 2008-2011

Entidade financiadora: Xunta de Galicia

Cuantía: 29.964,00 €

Proxecto de Investigación: Estudo comparado da interface gramática-discuro en lingua inglesa, con especial referencia á coherencia e á subxectividade (HUM2007-62220)

IP: Mª de los Ángeles Gómez  González

Concesión: 2008 – 2010

Entidade financiadora: Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía  

Cuantía: 37.182,00 €

Acción Complementaria: Seminario internacional ‘creación, edición e crítica: Poetas Galegas e Irlandesas’ (FFI2008-02401-E)

IP: Manuela Palacios González

Concesión: 2008- 2009

Cuantía: 9.000,00 €

Rede de Investigación: Lingua, Literatura Inglesa e Identidade I (2007/145)

IP: María Jesús Lorenzo Modia

Periodo: 2007 – 2008

Entidade Financiadora: Xunta de Galicia e Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Cuantía: 180,000.00 €