EQUIPO HISTORIA-CULTURA

Membros Principais USC: Cristina Mourón Figueroa (coordinadora), Fernando Alonso Romero (Profesor e Investigador Ad honorem).

Liñas de Investigación: Estudos culturais e históricos; Estudos culturais-históricos en lingua e literatura inglesas; Estudos medievalistas; Estudos teatrais; Estudos de xénero.

O equipo Historia-Cultura, coordinado por Cristina Mourón Figueroa, enmárcase no ámbito dos estudos culturais e históricos. Este amplo interese investigador queda patente nas recentes publicacións de Fernando Alonso Romero, profesor e investigador Ad honorem do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá, membro do grupo D&I e vinculado ao Equipo Historia-Cultura dende as súas orixes: Orión en un petroglifo de Folgoso  (2014, en co-autoría con Milagros Torrado Cespón); Cultos y creencias en torno a los megalitos del área atlántica europea (2012) ou El mundo de los muertos en Galicia y en el folklore del occidente europeo (2009). Na actualidade, o equipo liderado por Cristina Mourón Figueroa centra o seu labor investigador en torno aos estudos culturais e históricos en lingua e literatura inglesas, podendo subliñar aquí publicacións desta investigadora tales como “La traición y su castigo en la Inglaterra de la Baja Edad Media según el ciclo de York” (2004) ou Names and Titles in Shakespeare’s Henry V: A Survey of English Society in the Late Middle-Ages (2003). Mourón Figueroa tamén desenvolve estudos sobre o teatro medieval inglés, principalmente desde unha óptica sociocultural: El ciclo de York. Sociedad y cultura en la Inglaterra medieval (2005), ou A Arca de Noé. Tradución ao galego de “Noah’s Ark” do Newcastle (non-cycle) Play e “The Fall of Angels” (do York Cycle) (2011, en coautoría con Begoña Crespo e Isabel Moskowich). As investigacións medievalistas de Mourón Figueroa tamén entroncan cos estudos de xénero, dando como resultado toda unha serie de publicacións nas que se reivindica e analiza o papel da muller na sociedade medieval, como é o caso de Mujeres en profesiones médicas y su reputación en la Inglaterra medieval: el caso de Un mundo sin fin de Ken Follet (2011), “Culpabilidad o inocencia de Eva en la literatura inglesa y castellana de la Baja Edad Media” (2004, en coautoría con Mercedes Pampín Barral) ou “Married Women in Fourteenth-Century English Society: Evidence from ‘The Wife of Bath’” (2000). Alén disto, Cristina Mourón Figueroa desenvolve un gran labor de difusión da figura histórica e mitolóxica do rei Ricardo III a través de publicacións – Shakespeare’s Richard III: The Historical Truth behind the Myth (2004) – e da organización  de múltiples e variados seminarios como A Reassessment of King Richard III: The Man and the Myth (2011) ou Richard III: The Return of the King (2015). Así mesmo, o Equipo Historia-Cultura establece conexións con The Richard III Society e SITM (Société Internationale pour l’étude du théâtre médiéval).